Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
 Materias
  Servizos de internet
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Autoavaliación Faranse dúas probas de autoavaliación de tipo test ao longo da materia sobre os conceptos teóricos que aprenderon ata ese punto.
0 B3
B4
B6
C11
C18
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase un exame teórico no medio da materia sobre os contidos vistos ata o momento. Estará composto de preguntas curtas e/ou de selección de opción múltiple, e de preguntas de desenvolvemento onde o alumno describirá un ou varios conceptos, relacionándoos entre si, e ilustrándoos con exemplos. 25 B3
B4
B6
B9
C11
C18
D2
D3
D4
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase un exame teórico no medio da materia sobre os contidos vistos na segunda parte. Estará composto de preguntas curtas e/ou de selección de opción múltiple, e de preguntas de desenvolvemento onde o alumno describirá un ou varios conceptos, relacionándoos entre si, e ilustrándoos con exemplos. 25 B3
B4
B6
B9
C11
C18
D2
D3
D4
Resolución de problemas e/ou exercicios O código que implementa as prácticas avaliarase para descubrir se todo funciona acorde cos requisitos e especificacións establecidos polo profesorado.
Ademais, o alumno debe superar unha proba práctica (relacionada coas prácticas propostas) para comprobar que domina axeitadamente o código da súa práctica.
25 B3
B4
B6
C11
C18
D2
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios O código que implementa as prácticas avaliarase para descubrir se todo funciona acorde cos requisitos e especificacións establecidos polo profesorado.
Ademais, o alumno debe superar unha proba práctica (relacionada coas prácticas propostas) para comprobar que domina axeitadamente o código da súa práctica.
25 B3
B4
B6
C11
C18
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia componse dunha parte teórica e unha parte práctica. Cada unha delas se valorará con 5 puntos, debendo sacar polo menos un 2,5 en cada parte para aprobar a materia.

Seguindo as directrices propias da titulación se ofrecerá ao alumnado que curse esta materia dous sistemas de evaluación: evaluación continua (EC) e evaluación global (EG).

EC:

- O alumnado segue a EC por defecto, pero poderá renunciar á mesma en calquera momento.

- A parte teórica vale 5 puntos e consta de dous exames (E1 e E2), o primeiro realizarase durante o cuadrimestre e o segundo durante o período oficial de exames (cada un aporta 2,5 puntos). Tanto E1 como E2 están formados por dúas partes de igual peso (1,25 puntos). Tanto para E1 como para E2, se se suspende a parte 1, a parte 2 non se corrixirá e a nota do exame será exactamente a cualificación da primeira parte. Se se supera a parte 1, a nota deste exame será de 1,25 + a nota da parte 2.

Para superar a parte teórica esixirase un mínimo de 1 punto en cada un dos dous exames teóricos para facer unha media co outro. Ademais, o resultado da devandita media debe alcanzar os 2,5 puntos.

Adicionalmente, o alumnado que siga a EC poderá recibir ata 1 punto extra en función de actividades realizadas en clase e/ou na plataforma MOOVI. A metade desa nota extra se sumará á nota de teoría en calquera caso. A outra metade, so en caso de aprobar a parte teórica sen necesidade da anterior nota extra. Finalmente, a nota da parte de teoría se axustará a 5 si o resultado fose superior.

- A parte práctica vale 5 puntos e consta de varias prácticas e un exame práctico.

- A práctica 1 vale 0,5 puntos, pódese entregar en calquera momento ao longo do mes de outubro. O alumnado deberá corrixir os erros atopados, momento no que obterá a cualificación indicada.

- A práctica 2 valorará 2 puntos e poderá entregarse ata uns días antes do exame práctico (a data exacta será comunicada no seu momento). Despois da entrega, o alumnado deberá corrixir os erros identificados polo profesorado ata que a práctica funcione correctamente, dispoñendo ata o prazo indicado anteriormente. Unha vez obtida a aprobación do profesorado, o alumnado obterá a cualificación indicada.

A corrección dos erros atopados polo profesorado nas prácticas 1 e 2, en función do seu número e importancia, poderá dar lugar a unha penalización na cualificación final da materia.

- O resto das prácticas (cuxo número se establecerá ao comezo do curso) terán un valor de 2,5 puntos e poderán entregarse desde que se obteña a aprobación do profesorado para a práctica 2, e ata o remate das clases, ou unha data posterior sinalada no seu momento. Estas prácticas iranse avaliando a medida que se vaian entregando, sen posibilidade de corrixir os erros observados.

- Proba práctica: O día do exame realizarase unha proba práctica sobre algunhas das prácticas impartidas, consistente nunha modificación da funcionalidade orixinal, para comprobar que o alumnado ten un dominio adecuado do código entregado. 

EG:

O alumnado que non optase por EC deberá realizar un exame final de 5 puntos e entregar as prácticas 1 e 2 antes de rematar as clases (con posibles modificacións especificadas no seu momento). O alumnado deberá corrixir os erros detectados polo profesorado ata obter o seu visto e prace (coa penalización anteriormente descrita en función da súa importancia). Despois podes entregar o resto das prácticas, sempre antes de rematar as clases. Ademais, tamén debes realizar a proba práctica.

Superación da materia: Tanto no caso de EC como de EG, para superar a materia, o alumnado deberá obter polo menos 2,5 puntos en cada parte (teoría e práctica). No caso de non superar a nota mínima nalgún dos apartados, a puntuación obtida pola suma de ambas as partes axustarase a 4,9 puntos no caso de superar o dito valor.

No caso de suspender só unha das partes, o alumnado só terá que facer a outra parte na oportunidade extraordinaria.

Oportunidade extraordinaria:

O alumnado deberá realizar o mesmo exame teórico descrito no caso do EG, entregar as prácticas que se especifican (publicadas durante o mes de marzo), e realizar a proba práctica xa descrita.

Convocatoria de fin de carreira:

Terá as mesmas características que a oportunidad extraordinaria. As prácticas poderán sufrir modificacións ou incorporar funcionalidades adicionaies que se comunicarán no mes de xullo.

En principio, ningunha das notas obtidas nas días partes nas oportunidades ordinaria o extraordinaria se conservan para esta convocatoria. Unha vez publicadas as prácticas desta convocatoria, o profesorado do seguinte curso decidirá e informará oportunamente sobre si se conservan ou non as notas obtidas nas anteriores convocatorias.

En caso de detección de plaxio en calquera das probas, a calificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para que surta os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000