Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
 Materias
  Física: Campos e ondas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba individual para avaliación das competencias que inclúe preguntas abertas sobre un tema. O alumnado debe desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que ten sobre a materia nunha resposta extensa.
35 B3
C1
C3
D3
Estudo de casos Proba individual para avaliación das competencias que inclúe a formulación dun caso práctico. O alumnado desenvolve a análise da situación coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. 35 B3
C1
C3
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba individual na que o alumnado debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados 30 B3
C1
C3
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulaciónofrecerase ao alumnado que curse esta materia dous sistemas de avaliación:avaliación continua e avaliación única ao final do cuadrimestre.

En todas as probas de avaliación da asignatura avaliaranse as competencias B3, C1, C3 e D3.

1. AVALIACIÓN CONTINUA.

  • O sistema de avaliación continua consistirá (en orde cronolóxica) en:
    • a) Resolución de problemas entregables ou en clase práctica. A puntuación será ECa, que poderá valer ata 1.5 puntos. Requerirase acadar o 40% do máximo para que esta prueba teña repercusión na nota final.
    • b) Unha sesión de resolución deproblemas/cuestións sobre os temas 1, 2 e 3. A puntuación será ECb, cumpríndoseque o subtotal EC1=ECa+ECb poida ter un valor máximo de 5 puntos.
    • c) Resolución de problemas entregables ou en clase práctica. A puntuación será ECc, que poderá valer ata 1.5 puntos. Requerirase acadar o 40% do máximo para que esta prueba teña repercusión na nota final.
    • d) Unha sesión de resolución de problemas/cuestiónssobre os temas 4, 5 e 6. A puntuación será ECd, cumpríndose que o subtotal EC2=ECc+ECdpoida ter un valor máximo de 5 puntos.
    • A puntuación final da oportunidade ordinaria para o alumnado que segue avaliación continua ( EC) obtense sumando os dous subtotais anteriores: EC= EC1+ EC2, agás que algún dos dous subtotais sexa inferior a 1.5 (30% do máximo), nese caso a nota final estará limitada como máximo con "Suspenso (4.0)".
    • A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grao ( CAG) e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre
    • Antes da realización ou entrega de cada proba indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións obtidas, que serán públicas nun prazo razoable de tempo.
    • As probas de avaliación continua non son recuperables, é dicir, se non poden cumprirse no prazo estipulado, o profesorado non ten obriga de repetirllas.
    • A cualificación obtida nas probas de avaliación continua (EC1 e EC2) serán válidas tan só para o curso académico no que se realicen.
    • Entenderase que o alumnado se acolle a este sistema se se presenta a facer a proba "ECb" de avaliación continua.

    2. AVAILACIÓN GLOBAL DE FINAL DE CUADRIMESTRE.

    • Será obrigatoria para o alumnado que non segue avaliación continua para poder aprobar a materia en oportunidade ordinaria.
    • Consistirá nunha sesión de resolución de problemas/cuestiones sobre os temas 1 a 6. A puntuación será EF, e terá o mesmo requisito de alcanzar o 30% do máximo posible en cada unha das dúas partes correspondentes aos temas 1 a 3 (parte 1) e 4 a 6 (parte 2).

    3. AVALIACIÓN NA OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA.

    • Alumnado que seguiu a avaliación continua:
      • O examen de oportunidade extraordinaria estará dividido en dúas partes: EX1 (temas 1 a 3) cun valor máximo de 5 puntos, e EX2 (temas 4 a 6) cun valor máximo de 5 puntos.
      • O alumnado que seguiu a avaliación continua escollerá se facer: sólo EX1, sólo EX2 ou ambas partes. A súa nota final será: EF = max(EX1, EC1) + max(EX2, EC2).
    • Alumnado que non seguiu a avaliación continua. Consiste nunha avaliación única co mesmo formato que a de primeira oportunidade (unha sesión de resolución de problemas/cuestiones sobre os temas 1 a 6). A puntuación será EF, e terá o mesmo requisito de alcanzar o 30% do máximo posible en cada unha das dúas partes correspondentes aos temas 1 a 3 (parte 1) e 4 a 6 (parte 2).

    4. CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA

    • Terá o mesmo formato que avaliación global de final de cuadrimestre.

    5. OBSERVACIÓNS:

    • Considérase presentado a quen escolleu avaliación continua ou se presentou a calquera dos dous exames únicos finais de oportunidade ordinaria ou extraordinaria.
    • Considérase que a materia está aprobada se a nota final é igual ou superior a 5 e en cada parte alcánzase polo menos o 30% do máximo posible. Se algún dos dous subtotais é inferior ao 30% do máximo, a nota final estará limitada como máximo con "Suspenso (4.0)".
    • En caso de detección de plaxio en calquera das probas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.
    • Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000