Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación - Docencia en inglés
 Materias
  Física: Campos e ondas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba individual para avaliación das competencias que inclúe preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa.
35 B3
C1
C3
D3
Estudo de casos Proba individual para avaliación das competencias que inclúe a formulación dun caso práctico. Os alumnos desenvolven a análise da situación coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. 35 B3
C1
C3
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba individual na que o alumnado debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados 30 B3
C1
C3
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación
ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación:
avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre.

En todas as probas de avaliación da asignatura
avaliaranse as competencias CG3, CE1, CE3 e CT3. 

1. AVALIACIÓN CONTINUA. 


  • O sistema
    de avaliación continua consistirá (en orde cronolóxica) en: 


    • a) Resolución de problemas  entregables ou en clase práctica. A
      puntuación será ECa, que poderá valer ata 1.5 puntos. 
    • b) Unha sesión de resolución de
      problemas/cuestións sobre os temas 1, 2 e 3. A puntuación será ECb, cumpríndose
      que o subtotal EC1=ECa+ECb poida ter un valor máximo de 5 puntos.
    • c) Resolución de problemas  entregables ou en clase práctica. A puntuación será ECc, que poderá valer ata 1.5 puntos. 
    • d) Unha sesión de resolución de problemas/cuestións
      sobre os temas 4, 5 e 6. A puntuación será ECd, cumpríndose que o subtotal EC2=ECc+ECd
      poida ter un valor máximo de 5 puntos. 

  • A
    puntuación final da primeira oportunidade para os estudantes que seguen
    avaliación continua ( EC) obtense sumando os dous  subtotais anteriores:  EC= EC1+ EC2, agás que algún dos dous subtotais sexa inferior a 1.0 (20% do máximo), nese caso a nota final estará limitada como máximo con "Suspenso  (4.0)".

  • A
    planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase
    nunha Comisión Académica de Grao ( CAG) e estará dispoñible ao principio
    do cuadrimestre 

  • Antes da
    realización ou entrega de cada proba indicarase a data e procedemento de
    revisión das cualificacións obtidas, que serán públicas nun prazo
    razoable de tempo.

  • As probas
    de avaliación continua non son recuperables, é dicir, se un alumno non
    pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non ten obriga de
    repetirllas.

  • A
    cualificación obtida nas probas de avaliación continua (EC1 e EC2) serán
    válidas tan só para o curso académico no que se realicen.

  • Entenderase
    que un alumno se acolle a este sistema se se presenta a facer a  proba "b" de avaliación
    continua.

2. AVALUACIÓN ÚNICA DE FINAL DE CUADRIMESTRE. 


  • Será obrigatoria
    para os estudantes que non seguen avaliación continua para poder aprobar a
    materia en primeira oportunidade.

  • Consistirá
    nunha sesión de resolución de problemas/cuestiones sobre os temas 1 a 6. A puntuación será EF, e terá o mesmo requisito de alcanzar o 20% do máximo posible en cada unha das dúas partes correspondentes aos temas 1 a 3 (parte 1) e 4 a 6 (parte 2).

3. AVALIACIÓN NA SEGUNDA OPORTUNIDADE. 


  • Alumnos
    que seguiron a avaliación continua:


    • O examen de segunda oportunidade estará dividido
      en dúas partes: EX1 (temas 1 a 3) cun valor máximo de 5 puntos, e EX2
      (temas 4 a 6) cun valor máximo de 5 puntos.

    • Os alumnos que seguiron a avaliación continua
      escollerán se facer: sólo EX1, sólo EX2  ou ambas partes. A súa nota
      final será: EF = max(EX1, EC1) + max(EX2, EC2).


  • Alumnos
    que non seguiron a avaliación continua. Consiste nunha avaliación única co
    mesmo formato que a de primeira oportunidade (unha sesión de resolución de
    problemas/cuestiones sobre os temas 1 a 6). A puntuación será EF, e terá o mesmo requisito de alcanzar o 20% do máximo posible en cada unha das dúas partes correspondentes aos temas 1 a 3 (parte 1) e 4 a 6 (parte 2).

4. CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE FIN DE CARREIRA

  • Terá o mesmo formato que a
    avaliación única de final de cuadrimestre.

5. OBSERVACIÓNS:


  • Considérase
    presentado a todo estudante que escolleu avaliación continua ou se
    presentou a calquera dos dous exames globais finais de primeira ou segunda
    oportunidade.
  • Considérase que a materia está aprobada se a nota final é igual ou superior a 5 e en cada parte alcánzase polo menos o 20% do máximo posible. Se algún dos dous  subtotais é inferior ao 20% do máximo, a nota final estará limitada como máximo con "Suspenso  (4.0)".
  • En caso de detección de plaxio en calquera das probas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000