Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Procesado dixital en tempo real
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Realizarase un traballo ao longo da materia sobre a mesma plataforma. Entregarase unha memoria e o código xerado para a súa avaliación. 20 B3
B4
C69
D3
Prácticas de laboratorio Avaliación das prácticas realizadas sobre a plataforma de procesado de sinal en tempo real. Introducción: xerador de sinais mediante taboas 10 B3
B4
C69
C70
D2
Prácticas de laboratorio Avaliación das prácticas realizadas sobre a plataforma de procesado de sinal en tempo real. Xeración de sinais mediante polinomios 15 B3
B4
C69
C70
D2
Prácticas de laboratorio Avaliación das prácticas realizadas sobre a plataforma de procesado de sinal en tempo real. Implementación de filtros FIR 15 B3
B4
C69
C70
D2
Prácticas de laboratorio Avaliación das prácticas realizadas sobre a plataforma de procesado de sinal en tempo real. Implementación de filtros IIR I. 15 B3
B4
C69
C70
D2
Prácticas de laboratorio Avaliación das prácticas realizadas sobre a plataforma de procesado de sinal en tempo real. Implementación de filtros IIR II. 15 B3
B4
C69
C70
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase un exame sobre os contidos teóricos expostos nas clases maxistrais. O profesor proporcionará apoio ao alumnado para resolver calquera dúbida relacionada co exame. 10 B3
B4
C69
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia será impartida en castelán, aínda que toda a documentación estará eninglés.

Avaliación

Ofrecerasea alumnado que curse esta materia dous sistemas deavaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre.

AvaliaciónContinua

Aavaliación continua da materia consistirá en:

  • 5 prácticas individuais realizadas sobre a plataforma de procesado de sinal. Estas prácticas contarán un 70% da nota final.
  • 1 proxecto realizado en grupo nas horas tipo C, que contará un 20% da nota final.
  • Proba de contidos sobre toda a materia desenvolvida nas clases maxistrais e de laboratorio. Terá lugar nas datas que especifique a Escola. Contará un 10% da nota final.

A cualificación final será calculada por agregación ponderada (70%,20% e 10%, respectivamente) das cualificacións de laboratorio, proxecto engrupo e proba de contidos.

Os contidos e o peso de cada proba de avaliación continua son os seguintes:

  • Introducción: xerador de sinais mediante taboas (10%)
  • Xeración de sinais mediante polinomios (15%)
  • Implementación de filtros FIR (15%)
  • Implementación de filtros IIR I (15%)
  • Implementación de filtros IIR II (15%)
  • Proxecto: (20%) Aplicación práctica dos contidos do curso.

A realización das prácticas e do proxecto considerarase obrigatoria para todo o alumnado que opte por avaliación continua.

Considerarase que o alumnado escolleu someterse a avaliación continua cando entregue as tres primeirasprácticas do tema. O compromiso coa avaliación continua significa que non pode ter unha nota final de "non presentado".

Avalación global

  1. Oportunidade ordinaria. O alumnado terá a opciónde renunciar á avaliación continua, podéndose presentar a un exame final polo100% da nota. Neste exame avaliaranse tanto os contidos teóricos impartidos nasclases maxistrais, como os prácticos obtidos polo resto do alumnado nolaboratorio. Quen desexe renunciar á avaliación continua, deberá comunicarllo ao profesor unha semana antes da data especificada pola Escolapara o exame final.
  2. Oportunidade extraordinaria. Ao terminar o ano académico, o alumnado terán unha segunda oportunidade de ser avaliados. Nesta oportunidade se terá a opción de manter parte da nota obtida na avaliación continua, completándoa mediante traballos prácticos propostos polo profesor, ou ben poderán renunciar a ela, presentándose nese caso a un único exame final.
  3. Convocatoria fin de carreira. O estudiantado deberá presentarse a un exame final polo 100% da nota. Neste exame avaliaranse tanto os contidos teóricos impartidos nas clases maxistrais, como os prácticos obtidos polo resto do alumnado no laboratorio.

Código ético

Encaso de detección de copia en calquera dos traballos prácticas acualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado ádirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000