Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Sistemas de navegación e comunicacións por satélite
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Se realizan prácticas de laboratorio nas que traballan cos conceptos abordados nas clases teóricas.


As prácticas realizaranse en grupos de dous persoas. A nota final é individual e avaliará a participación do alumnado nas prácticas, así como o informe final de carácter individual.

Nalgunhas prácticas realizaranse unha proba individual.
40 B3
B4
C67
C68
D3
Prácticas de laboratorio Cada estudante realizará prácticas de campo. A avaliación se realizará por medio dun informe.

As prácticas realizaranse en grupos de dous persoas. A nota final é individual e avaliará a participación do alumnado nas prácticas, así como o informe final de carácter individual.

Nalgunhas prácticas realizaranse unha proba individual.
15 B3
B4
C67
C68
D3
Traballo tutelado Avaliación dos traballos desenvolvidos: comprensión, madurez, relevancia e orixinalidade do traballo e interacción entre o grupo.

As prácticas realizaranse en grupos de dous persoas. A nota final é individual e avaliará a participación do alumnado nas prácticas, así como o informe final de carácter individual.

5 B3
B4
C67
C68
D2
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios Un exame final para avaliar os contidos presentados nas clases teóricas.

O exame será individual e de duración limitada.
40 B2
B3
B4
C67
C68
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Nun prazo máximo dun mes desde o comezo do curso, o alumnado debe elixir o método de avaliación para a oportunidade ordinaria: avaliación global ou avaliación continua. No caso de ter escollido a avaliación continua, a cualificación non poderá ser 'non presentado'. De todos os xeitos, o alumnado poderá cambiar a avaliación global unha semana antes da proba final. A oportunidade extraordinaria sempre se avaliará mediante avaliación global, aínda que, opcionalmente, parte das notas da avaliación continua poden ser tidas en conta.

Idioma de instrución: Inglés.

Toda a documentación do curso realizarase en inglés, así como as presentacións.

A avaliación dos informes e as prácticas levarase a cabo igualmente en inglés.

O último exame pode ser contestado en inglés, galego ou español.

1.- Oportunidade ordinaria

Avaliación global: Haberá un exame final que incluirá preguntas e problemas relacionados cos contidos explicados tanto nas sesións maxistrais, nas prácticas en aulas de informática e nas prácticas de laboratorio. Será necesario obter un 5 sobre 10 para aprobar o exame.

Avaliación continua: A materia será avaliada ao longo de todo o curso:

• Prácticas en aulas de informática: realizaranse diferentes prácticas. A súa avaliación terá un peso do 40% na nota final.
• Traballos tutorizados: realizaranse diferentes traballos tutorizados que se proporán ao longo do curso. A súa avaliación realizarase a través da corrección das memorias correspondentes e esta parte terá un peso do 5% na nota final.
• Prácticas de laboratorio: realizaranse diferentes prácticas de laboratorio. A súa avaliación realizarase a través da corrección das memorias correspondentes e esta parte terá un peso do 15% na nota final.
• Proba final: este exame será a última proba da avaliación continua, e terá un peso do 40% da nota final.
• Asignarase obrigatoriamente unha cualificación na modalidade de avaliación continua.

2.- Oportunidade extraordinaria:

O alumnado levará a cabo unha avaliación única que incluirá temas e ou problemas relacionados cos contidos impartidos tanto en sesións maxistrais, seminarios como nos traballos supervisados (100% da nota final). O alumnado que elixiu a avaliación continua para a primeira oportunidade pode, opcionalmente, realizar esta avaliación única sobre o 40% da cualificación final.

3.- Convocatoria fin de carreira:

Consistirá nun examen con preguntas e problemas relacionados cos contidos explicados tanto nas sesións maxistrais, nas prácticas en aulas de informática e nas prácticas de laboratorio. Será necesario obter un 5 sobre 10.

Os traballos e tarefas prácticas propostas e realizadas este curso non son recuperables e só son válidas para o curso actual.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000