Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Deseño e síntese de sistemas dixitais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Aprendizaxe baseada en problemas.
A nota total será a suma das notas de cada un dos boletíns semanais de exercicios dividida polo número de boletíns:
ET = (Boletín 1 + ... + Boletín N) / N
El número estimado de boletines es de 10.
Resolución de exercicios e problemas teóricos. A maioría deles centraranse no deseño de modelos non sintetizables e circuítos sintetizables en VHDL.
O contido correspóndese cos temas de teoría.
Será necesario ensinar ao profesor o funcionamento de cada un dos modelos e circuítos.
Avaliarase a correcta aplicación dos conceptos teóricos aos problemas realizados, de acordo aos criterios de valoración.
Será necesario entregar a documentación solicitada polo profesor para cada un dos exercicios realizados.
40 B13
C62
Prácticas de laboratorio Estas prácticas consistirán no desenvolvemento de circuítos de forma guiada.
Avaliarase o correcto funcionamento do sistema dixital realizado, de acordo aos criterios de valoración.

10 B13
C62
Aprendizaxe baseado en proxectos Ensino baseado en proxectos.
Traballo autónomo de deseño dun sistema dixital sintetizable de complexidade media en VHDL.
Será necesario entregar os ficheiros fonte do traballo realizado.
Avaliarase o funcionamento do sistema dixital realizado e a correcta aplicación dos conceptos teóricos ao deseño do sistema dixital, de acordo aos criterios de valoración.
40 B1
B9
B13
C62
D4
Presentación Será necesario realizar unha presentación oral de máximo 15 minutos sobre o traballo práctico autónomo realizado, segundo o índice fornecido polo profesor.
10 B1
B9
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A nota da materia será a suma das notas correspondentes ás distintas tarefas da materia.

A nota global dos exercicios teóricos debe ser maior ou igual que 5 sobre 10 para poder aprobar a materia.

A nota do traballo práctico autónomo debe ser maior ou igual que 5 sobre 10 para poder aprobar a materia.

Ofrecerase ao alumnado que curse esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación global.

Todo o estudantado, tanto os que sigan a materia de forma continua como os que queiran optar pola avaliación global (oportunidade ordinaria ou extraordinaria ou convocatoria de fin de carreira), deberán realizar as tarefas descritas no apartado anterior.

O alumnado que non asista a clase regularmente deberá realizar as mesmas tarefas que os alumnos asistentes a clase.

A cualificación final expresarase de forma numérica entre 0 e 10.

AVALIACIÓN CONTINUA EN OPORTUNIDADE ORDINARIA

O feito de realizar 2 prácticas de laboratorio ou 2 boletíns de exercicios teóricos supón que o/a estudante opta pola avaliación continua. Con todo, poderase renunciar á avaliación continua e optar pola avaliación global, previa solicitude por escrito ao coordinador da materia, no prazo dun mes dende o inicio do cuadrimestre.

As persoas que opten por avaliación continua, pero non aproben a materia mediante esta modalidade, deberán realizar a avaliación completa na avaliación global (oportunidade extraordinaria).

As persoas que aproben a materia mediante avaliación continua non poderán repetir de novo na avaliación global ningunha tarefa co obxectivo de subir a nota.

As distintas tarefas deben entregarse na data especificada polo profesor. Se non é así, non serán cualificadas para a avaliación continua.

O estudantado realizará os exercicios teóricos e as prácticas de laboratorio de
forma individual. Os traballos de laboratorio realizaranse en grupos de 2 estudantes durante a avaliación continua, mais avaliarase ao estudantado
individualmente, para o cal  pedirase aos alumnos/as na exposición oral que
indiquen qué parte do traballo realizaron cada quén.

Quen siga a materia de forma continua, pode faltar como máximo a 2 sesións. Se faltou a máis de 2

sesións, será obrigatorio realizar un traballo individual adicional ou un exame.

AVALIACIÓN GLOBAL (oportunidade ordinaria ou extraordinaria) E CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA

O estudantado que opte pola avaliación global ou a convocatoria fin de carreira deberá realizar todas as tarefas teóricas e prácticas e os traballos individualmente.

A entrega das tarefas para a avaliación global debe realizarse antes da data oficial do exame establecida polo centro.

CUALIFICACIÓN FINAL DA MATERIA

En caso de superar os exercicios teóricos (ET) e o traballo autónomo (TA), é dicir, que a nota de cada parte >= 5, a cualificación final (NF) será a suma ponderada das notas de cada parte da materia:

NF =  0,40 * ET + 0,10 * PL + 0,40 * TA + 0,10 * PO

sendo:

ET = Nota conxunta dos exercicios e problemas teóricos.

PL = Prácticas de Laboratorio.

TA = Traballo Autónomo práctico.

PO = Presentación Oral.

O estudantado cuxa nota final sexa maior o igual que 5 pero non superaran a
nota mínima dunha ou as dúas probas mencionadas (nota dalgunha proba
< 5), terán unha cualificación final (NF) de 4,9.

Exercicios e problemas teóricos

Avaliarase cada un dos exercicios e problemas expostos nas sesións de teoría. Cada exercicio puntuarase sobre 10. Logo ponderarase a súa influencia na nota total da materia en función do número de exercicios asignado.

A maioría dos exercicios consistirán no deseño de modelos non sintetizables e circuítos sintetizables en VHDL.

Será necesario entregar os ficheiros que se indican nos enunciados de cada exercicio teórico.

A nota total será a suma das notas de cada un dos boletíns de exercicios dividida polo número de boletíns:

ET = (Boletín 1 + ... + Boletín N) / N

O número estimado de boletíns é de 10.

No caso de detección de copia en calquera das probas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o
feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000