Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Deseño e síntese de sistemas dixitais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Presentación por parte do profesor do temario da materia.

Con esta metodoloxía desenvólvese a competencia C62.
Aprendizaxe baseado en proxectos Aprendizaxe baseada en problemas (ABP): Resolución de problemas de deseño de modelos non sintetizables e circuítos sintetizables en VHDL expostos polo profesor. Para resolvelos, o alumno debe desenvolver previamente determinadas competencias.

Con esta metodoloxía desenvólvense as competencias B9, B13 y C62.
Prácticas de laboratorio Nestas prácticas exporase o desenvolvemento de prácticas guiadas de realización de circuítos en VHDL.

Software empregado: Vivado Design Suite de Xilinx

Con esta metodoloxía desenvólvense as competencias B9, B13 y C62.
Aprendizaxe baseado en proxectos Ensinanza baseada en proxectos de aprendizaxe: Proponse aos estudantes realizar un proxecto para deseñar un sistema dixital en VHDL para resolver un problema que plantexa o profesor mediante a planificación, o deseño e a realización das actividades necesarias.

O desenvolvemento dos proxectos realizarase en horas de laboratorio tipo B.
Ademais, estarán dispoñibles grupos pequenos en horas tipo C que permitan facer o seguimento
dos proxectos a desenvolver na materia.
Actividades a desenvolver nos grupos C:
Análise e debate sobre o foco dos proxectos a realizar. Alternativas de deseño.
Análise e seguimento da solución proposta.
Demostración do funcionamento dos sistemas deseñados. Análise e debate de resultados.

Con esta metodoloxía desenvólvense as competencias B1, B9, B13, D4 e C62.
Presentación Presentacións/exposicións: Exposición dos resultados do proxecto realizado.

Con esta metodoloxía desenvólvense as competencias B1 e B9.
Actividades introdutorias Introdución aos diferentes temas clave da materia tanto na súa compoñente teórica como práctica.

Con esta metodoloxía desenvólvense as competencias B13 y C62.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000