Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Redes sen fíos e móbiles
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliación continua: Realizaranse dúas probas individuais para avaliar a comprensión dos contidos presentados nas sesións maxistrais. Unha na metade do cuadrimestre e outra ao final.

Avaliación global: Realizarase unha proba individual para avaliar a comprensión dos contidos presentados nas sesións maxistrais, no período de exámenes da Escola en convocatoria ordinaria.
30 B3
C85
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas O alumnado completará de forma individual cuestionarios e/ou informes de prácticas onde se mostrará a correcta realización e comprensión das prácticas. 20 B3
B4
C85
Observación sistemática Durante a realización do proxecto/traballo tutelado realizarase un seguimento continuo do deseño e da evolución do desenvolvemento. O seguimento será grupal e individual: cada un dos membros do grupo debe documentar as tarefas desenvolvidas dentro do seu equipo e responder sobre elas. 10 B3
B4
B9
C85
D2
D3
D4
Proxecto O alumnado dividirase en grupos para realizar o deseño, desenvolvemento e proba dun protocolo, sistema, aplicación ou servizo, no que se empreguen tecnoloxías de redes sen fíos e móbiles. O resultado será avaliado despois da súa entrega valorando aspectos como a corrección, a calidade, as prestacións e as funcionalidades. Na avaliación teranse en conta tanto os resultados do grupo como as contribucións individuais de cada un dos seus membros. 40 B3
B4
B9
C85
D2
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo
as directrices propias da titulación, cada estudante disporá de dúas oportunidades
de avaliación (ordinaria e extraordinaria) para aprobar a materia. A súa vez,
na oportunidade ordinaria, disporá de dous procedementos de avaliación
(continua e global).

Oportunidade ordinaria

Durante o primeiro mes, os e as
estudantes deberán indicar se cursan a materia seguindo a avaliación continua
ou global. Quen siga a avaliación continua non se poderá considerar "non
presentado" unha vez que se realice a entrega do primeiro cuestionario ou
tarefa.

Avaliación continua

A nota final (NF) da materia
calcularase como a media xeométrica ponderada das notas obtidas nas
probas de resolución de problemas (RP), nos informes de prácticas (IP), durante
a observación sistemática (OS) e pola realización do proxecto (P), seguindo a
seguinte fórmula: 

NF = RP^0.3*IP^0.2*OS^0.1*P^0.4.

Para superar o curso é preciso que
NF sexa maior ou igual que 5. Ademais, como resultado da aplicación da media xeométrica
ponderada, non se pode ter un cero nalgunha das partes para poder superar a
materia.

Avaliación global

Quen opte pola avaliación global
deberá presentar adicionalmente un dossier onde se inclúan
todos os detalles sobre a realización das distintas tarefas, moi especialmente
do traballo tutelado, xa que non será posible realizar a proba de avaliación observación sistemática. Durante o primeiro mes do curso, o profesorado notificaralles
aos/ás estudantes que opten pola avaliación global se deben realizar o traballo
de forma individual ou en grupo. 

A nota final (NF) da materia
calcularase como a media xeométrica ponderada das notas obtidas na proba de resolución de problemas (RP), nos informes de prácticas (IP), no
dossier sobre a realización de tarefas (DT) e pola realización do proxecto (P),
seguindo a seguinte fórmula: 

NF = RP^0.3*IP^0.2*DT^0.1*P^0.4. 

Para superar o curso é preciso que
NF sexa maior ou igual que 5. Ademais, como resultado da aplicación da media xeométrica
ponderada, non se pode ter un cero nalgunha das partes para poder superar a
materia.

Oportunidade
extraordinaria

Aplicarase o mesmo sistema de avaliación ca no caso da avaliación global na oportunidade ordinaria.  

Os/as estudantes que seguisen a avaliación continua durante o curso poden optar por manter as notas das partes
que tivesen superadas na oportunidade ordinaria ou descartalas.

Convocatoria de fin de carreira



Aplicarase o mesmo sistema de avaliación ca no caso da avaliación global na oportunidade ordinaria.

Outros
comentarios



As puntuacións obtidas só son
válidas para o curso académico en vigor.

Aínda que o traballo tutelado se
desenvolverá (na medida do posible) en grupos, levarase un seguimento continuo
da actividade realizada por cada alumno ou alumna dentro do grupo. 

No caso de
que o rendemento dun alumno ou alumna non sexa acorde co dos seus
compañeiros/as de grupo, considerarase a súa expulsión do mesmo e/ou poderá ser
avaliado ou avaliada de forma individual nesta parte. 

O uso de calquera material durante
a realización dos exames terá que ser autorizado explicitamente polo
profesorado. 

No caso de detección de plaxio
nalgún dos traballos/probas realizadas a cualificación final da materia será de
"suspenso (0)" e feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000