Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Principios de comunicacións dixitais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Resolución de exercicios curtos asociados ós contidos explicados nas clases maxistrais e no laboratorio. Plantexaranse 3 exercicios (probas de avaliación intermedia), algún(s) dos cales serán para resolver nas horas de tipo A e outro(s) será(n) para completar fóra do horario de clase, todos eles a resolver de forma individual. A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grado (CAG) e estará dispoñible ao principio do cuatrimestre.

Cada exercicio terá un peso do 10% da nota final para os/as estudantes que obten por avaliación continua.
30 B3
B4
B11
C26
Aprendizaxe baseado en proxectos Realización dun proxecto práctico en grupo que se avaliará individualmente. A entrega deste proxecto farase na mesma data para os/as estudantes de avaliación continua e para os/as de avaliación global, e estará reflexada na planificación de probas de avaliación intermedia aprobada na CAG. A avaliación do mesmo completarase con unha entrevista; no caso dos/as estudantes de avaliación continua esta entrevista celebrarase na última sesión de grupo C do curso, mentres que para os/as estudantes de avaliación global celebrarase o día do exame final.

Esta actividade é obligatoria tanto para os/as estudantes de continua como para os de non continua, representando en ambolosdous casos un 40% da nota final.
40 B3
B4
B11
C26
D2
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame final de resolución de exercicios, que coincidirá coa cuarta proba de avaliación continua. O peso será do 60% para os/as estudantes que non se sometan a avaliación continua, e do 30% para os que si. 30 B3
B4
B11
C26
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para aqueles/as estudantes que opten por avaliación continua a nota final obterase como:

Se nota do exame final (sobre 10) < 3.5, min(4, Npuntuables+Nproxecto+Nexame) (1.a)

Se nota do exame final (sobre 10) >= 3.5, Npuntuables+Nproxecto+Nexame (1.b)

sendo Npuntuables a nota acumulada nos exercicios curtos puntuables, ata un máximo de 3 puntos; Nproxecto a nota do proxecto práctico ata un máximo de 4 puntos, e Nexame a nota do exame final ata un máximo de 3 puntos. As probas intermedias (os puntuables) non son recuperables.

Para os/as estudantes que opten por avaliación global, a nota final obterase como:

Se nota do exame final (sobre 10) < 3.5, min(4, Nproxecto+Nexame) (2.a)
Se nota do exame final (sobre 10) >= 3.5, Nproxecto+Nexame (2.b)

sendo Nproxecto a nota dun proxecto práctico proposto de forma específica para os/as estudantes de avaliación global, de complexidade similar ó proxecto dos/as estudantes de continua, ata un máximo de 4 puntos, e Nexame a nota do exame final ata un máximo de 6 puntos.

O exame final dos/as estudantes que optan por avaliación global (non continua) poderá constar de máis exercicios que o dos/as estudantes que se avalían por avaliación continua.

O/a estudante debe comunicar se opta por avaliación continua ou global nun prazo establecido por o profesorado; este prazo será como mínimo de un mes e estará comprendido dentro do período entre a publicación das notas da primeira proba de avaliación intermedia e a realización da terceira. En caso de que non o comunique e non se presente á terceira proba de avaliación intermedia, considerarase que opta por avaliación global.

A nota das probas de avaliación intermedia consérvase para a oportunidade extraordinaria, pero non para cursos posteriores. No exame de oportunidade extraordinaria os/as estudantes que tiveran optado por avaliación continua na oportunidade ordinaria poderán elixir se desexan manter a nota obtida nas probas de avaliación intermedia e ser cualificados/as segundo (1.a) e (1.b), ou ser avaliados/as segundo (2.a) e (2.b). Os/as estudantes que na oportunidade ordinaria tiveran optado por avaliación global, serán avaliados en todo caso empregando (2.a) e (2.b).

Na convocatoria de fin de carreira a avaliación consistirá únicamente nun exame escrito.

Consideraranse presentados a unha oportunidade de avaliación tódolos/as estudantes que opten por avaliación continua, así como aqueles/as que opten por avaliación global e se presenten ao examen final.

En caso de detección de copia en calquera das probas (proxecto, probas de avaliación intermedia ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000