Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Tratamento de sinais multimedia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Exercicio puntuable individual relacionado coas prácticas de laboratorio, de 30 minutos de duración, no horario das clases de laboratorio. Análise de Fourier mediante DFT. 10 B3
B4
D3
Prácticas de laboratorio Exercicio puntuable individual relacionado coas prácticas de laboratorio, de 30 minutos de duración, no horario das clases de laboratorio. Deseño e implementación de filtros FIR e IIR. 10 B3
B4
D3
Prácticas de laboratorio Exercicio puntuable individual relacionado coas prácticas de laboratorio, de 30 minutos de duración, no horario das clases de laboratorio. Filtrado adaptativo. 10 B3
B4
D3
Prácticas de laboratorio Exercicio puntuable individual relacionado coas prácticas de laboratorio, de 30 minutos de duración, no horario das clases de laboratorio. Procesado multitaxa e bancos de filtros. 10 B3
B4
D3
Traballo tutelado Proxectos puntuables para seren realizados en grupo. As calificacións poderán distinguir os diferentes graos de implicación na realización do proxecto, que se cuantificarán utilizando enquisas de avaliación cruzada entre o estudantado. 20 C26
D2
Lección maxistral Proba de contidos sobre toda a materia desenvolta nas clases maxistrais e de laboratorio. O profesor proporcionará apoio para resolver calquera dúbida sobre a proba. 40 B3
B4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación 

Ofrecerase ao alumnado que curse esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación global.

AVALIACIÓN CONTINUA

A avaliación continua da materia consistirá en:

  •  Catro exercícios puntuables relacionados coas prácticas de laboratorio, de 30 minutos de duración cada unha, no horario das clases de laboratorio. Estas probas contarán un 40% da nota final.  
  • Un proxecto puntuable realizado en grupo nas horas tipo C, que contará un 20% da nota final. A nota individual de cada alumno poderase ponderar usando os resultados de avaliacións cruzadas realizadas o largo do curso.
  • Proba de contidos sobre toda a materia desenvolta nas clases maxistrais e de laboratorio. Terá lugar nas datas que especifique a Escola. O obxectivo desta proba é coñecer o nivel de comprensión por parte do estudantado dos catro temas desenvoltos no curso.  A proba constará de exercicios e preguntas a contestar en dúas horas, podendose utilizar  libros, as notas de clase maxistral e de laboratorio, e os materiais depositados adicionalmente en Moovi. Esta proba contará un 40% da nota final. 

  A cualificación final será calculada por agregación ponderada  (40%, 20% e 40%, respectivamente) das cualificacións de laboratorio, proxectos en grupo e proba de contidos. En todo caso a superación da materia requirirá que  a cualificación na proba de contidos supere o nivel de 25 puntos sobre 100. De non superarse ese nivel, a calificación final sería o mínimo entre a agregación ponderada e 4.5.

Ningunha destas probas é  recuperable, e a súa cualificación poderá ser conservada ao longo do presente curso académico. A cualificación final  vén determinada nun 60% polas probas efectuadas ao longo do curso.  Só se considerará obrigatoria a asistencia á proba de contidos

Os contidos e o peso de cada proba de avaliación continua son os seguintes: 

  • Puntuable 1 (10 %):

            Análise de Fourier mediante DFT. 

  • Puntuable 2 (10 %):
  •  Deseño e implementación de filtros FIR e IIR. 

  • Puntuable 3 (10 %)

            Filtrado adaptativo. 

  • Puntuable 4 (10 %)

            Procesado multitaxa e bancos de filtros. 

  • Proxecto: (20%) Aplicación práctica dos contidos do curso.








A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grao (CAG) e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre.

AVALIACIÓN GLOBAL

Quen quera renunciar á avaliación continua, poderá presentarse a un exame final único que terá lugar o mesmo día da proba de contidos especificada anteriormente. Previamente á realización do exame, se deberá asinar un formulario no que expresamente se renuncia ao procedemento de avaliación continua. 

Esta exame terá unha duración de 3 horas e constará de 5 exercicios sobre toda a materia desenvolta nas clases maxistrais, de laboratorio, e de titoría especializada, nas mesmas condicións especificadas para a devandita proba de contidos.

Convocatorias

Oportunidade ordinaria para aprobar a materia (Decembro-Xaneiro)

  Para quen supere a materia neste período, a súa nota será definitiva e pasará a formar parte do seu expediente académico.

  Para quen non supera a materia, farase unha anotación provisional de suspenso no seu expediente coa nota obtida.  

  Figurará como Non Presentado quen non se presente a proba de contidos. 

Oportunidade extraordinaria para aprobar a materia (Xuño-Xullo)

  En xuño-xullo só se realizará a proba de contidos, ou no seu caso o exame final, para  quenes non aprobaran a materia en primeira oportunidade. Se alguén quere renunciar á avaliación continua nesta convocatoria, poderá presentarse ao exame final. Previamente á realización do exame, deberá asinar un formulario no que expresamente renuncia ao procedemento de avaliación continua.  

 Figurará como Non Presentado quen xa estivese nesta situación tralo primeiro período de avaliación e non realizase a proba correspondentes a este segundo período. 

  Os suspensos provisionais pasarán a ser definitivos para quen non se presente á proba de contidos, ou ao exame final no seu caso, deste segundo período.

Convocatoria fin de carreira

O estudantado deberá presentarse a unha proba de conteidos polo 100% da calificación. Esta exame terá unha duración de 3 horas e constará de 5 exercicios sobre toda a materia desenvolta nas clases maxistrais.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000