Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Sistemas de comunicacións por radio
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Consta do seguemento do estudantado que se valorará fundamentalmente a partires da resolución individual das diferentes tarefas (casos/análise de situacións) que se plantexen en clase.

O profesorado proporcionará apoio ao estudantado.
3 B2
B4
C25
D2
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Avaliación de:
-A preparación e desenvolvemento das prácticas de laboratorio

-Os informes e memorias individuais das prácticas de laboratorio

O profesorado proporcionará apoio ao estudantado.
7 B4
C21
C22
C25
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas nas que o estudantado terán que resolver dun xeito individual e autónomo unha serie de exercicios de aplicación dos coñecementos adquiridos no tempo e nas condiciones establecidas polo profesorado.

Por avaliación continua, haberá DÚAS PROBAS (de pesos inferiores ao 40% cada unha) a realizar durante o curso en distintas datas.
50 B2
B4
C22
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame global: consiste nunha proba individual e autónomo para a avaliación das competencias adquiridas polos estudantado. Terán que desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos adquiridos durante o curso. 40 B2
B4
C22
C25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O estudantado que curse esta materia poderán optar por un dos seguintes sistemas de cualificación: avaliación continua ou cualificación mediante exame global (ao final do cuadrimestre). Previamente á entrada da sesión na que se realice o exame global (oa final de cuadrimestre) cada persoa matriculada decidirá se se acolle ao sistema de cualificación por avaliación continua ou se decide que a súa avaliación sexa só a do exame global. Antes da realización ou entrega de cada tarefa indicarase a data e
procedemento de revisión das cualificacións obtidas, que serán
públicas nun prazo razoable de tempo

1. Cualificación mediante AVALIACIÓN CONTINUA. A avaliación continua consta das tarefas que se detallan nesta guía e non son recuperables, é dicir, se un estudante non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non ten obrigación de repetirllas. A cualificación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen. O sistema de avaliación continua consiste en: a) Dúas sesións de resolución de exercicios e cuestións (que se denominarán probas de avaliación continua); b) Entrega na última semana de clases dunha memoria das prácticas de medidas ás que asistise o estudante así como do prácticas TIC propostas (recomendable, pero non obrigatorio); c) Seguimento do estudantado fundamentalmente a través da entrega de todas aquelas tarefas que se expoñan en clase (entregables, non obrigatorios); d) Exame global. A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grado (CAG) e estará a disposición dos estudantes ao comezo de cuadrimestre.

2. AVALIACIÓN GLOBAL AO FINAL DE CUADRIMESTRE. Haberá un exame global que farán todos as persoas matriculadas na materia.

3. FÓRMULA DE CUALIFICACIÓN

PEC=nota obtida polas probas de avaliación continua ata 10 puntos.

E1=nota da parte obrigatoria do exame final ata 10 puntos.

PM=nota obtida pola asistencia a prácticas e execución e calidade das memorias ata 10 puntos.

S=nota de seguimento, ata 10 puntos.

Avaliación continua: 

    Se PEC < 4 puntos, Nota = PEC

    Se PEC >= 4 puntos, Nota = 0.4 x E1 + 0.5 x PEC + 0.07 x PM + 0.03 x S

Non Avaliación continua

                      Nota = E1

4. RECUPERACION NA OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA. Previamente ao exame (á entrada da sesión) o estudantado decidirá se se acolle ao sistema de cualificación por avaliación continua cos puntos que obtivese no período ordinario ou se decide que a súa avaliación sexa só a do exame global. O sistema de avaliación e fórmula de cualificación serán os mesmos que para a convocatoria ordinaria.

5. CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA. A súa avaliación será só a de exame global.

6. ESTUDANTES PRESENTADOS Á MATERIA. Considerarase presentado a toda persoa matriculada que reciba calquera dos dous exames globais ou os enunciados das dúas probas de avaliación continua.

7. En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame global), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000