Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Sistemas operativos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba de contidos teóricos de cada un dos temas expostos nas sesións maxistrais.
60 B3
B4
D2
D3
Práctica de laboratorio Avaliación do traballo realizado nas sesións de laboratorio.
20 B4
C33
D2
Traballo Na última sesión presencial de taller, os/as alumnos/as entregarán e expoñerán aos/ás seus/súas compañeiros/as o deseño e a solución suscitados para o sistema software obxectivo do proxecto. Dita solución será exposta a debate entre o alumnado e os profesores.

O profesor fará preguntas a cada membro do grupo, o que permitirá a súa avaliación individualizada.
20 B4
B9
D2
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia pode superarse mediante Avaliación
Continua segundo os criterios que se indican máis adiante, tendo aberta a
posibilidade de optar pola Avaliación Única en calquera momento ata
o comezo do exame final a celebrar o día fixado para ese efecto no
calendario oficial da EET. O estudantado que opte pola
avaliación continua considerarase presentado se se avalía da parte do
traballo en Talleres.

Avaliación Continua:

A nota final resultará da suma das notas
correspondentes ao tres compoñentes seguintes:

1.     Tres probas escritas para avaliar os contidos impartidos nas clases maxistrais.
Cada proba terá lugar nunha das sesións maxistrais, excepto a última
que se realizará nunha das sesións do Taller. Puntuación:
Ata 2 puntos cada proba. (T=t1+t2+t3)

2.      Unha proba na última sesión de laboratorio sobre todas as prácticas propostas. Puntuación:
Ata 2 puntos. (L)

3.     Presentación
do Proxecto proposto como traballo (en grupo) nas sesións do Taller. Puntuación:
Ata 2 puntos. (P)

Para aprobar a
materia por Avaliación Continua teranse que dar o tres condiciones
seguintes: (i) obter unha cualificación igual ou superior a 2 puntos no
conxunto das probas escritas; (ii) cualificación superior a 0,75 puntos na proba práctica; e (iii) asistir a todas as sesións
presenciais de taller e obter máis de 0 puntos na presentación do
proxecto. No caso de cumprirse os tres requisitos anteriores, a nota final da Avaliación Continua será a suma dos tres compoñentes (Nota=T+L+P). Se non se cumpre algún dos tres requisitos, a nota da Avaliación Continua será a mínima da obtida en cada un dos tres compoñentes.

Avaliación Global:

Mediante un exame sobre 10 puntos fixado no
calendario oficial da EET.

Oportunidade Extraordinaria e Convocatoria e de Fin de Carreira:

Rexerase polo indicado para a Avaliación Global.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000