Prácticas con apoio das TIC |
Trátase de desenvolver pequenos programas de rede de xeito autónomo e individual. Haberá varias sesións presenciais para explicar os conceptos de programación relacionados (sockets, utilidades de rede), e tamén para resolver dúbidas co profesor, e probar e depurar os programas no laboratorio onde serán avaliados. A cualificación obtida nestas prácticas será multiplicada polo valor dunha cuestión sobre elas realizada no Exame Final, e puntuada entre 0 e 1. |
10 |
|
B1 B6 B9
|
C11 C17 C19
|
|
Exame de preguntas obxectivas |
Primeira Proba intermedia: Proba tipo test dunha hora de duración, para control de seguemento da materia. Cada proba de control ten un peso do 20% para o alumnado que escolla a opción B de avaliación continua e do 25% para o alumnado que escolla a opción A |
20-25 |
|
B3 B4
|
C11 C17 C18 C19
|
D2
|
Déixase á elección dos alumnos o método de avaliación, continua ou global. Avaliación continua (AC) Haberá dúas posibles vías ou opcións para seguir a avaliación continua, que denominamos A e B. O alumno deberá facer a elección da opción na aula virtual do curso durante o primeiro mes do curso, un día antes da primeira proba de avaliación. Tras esta data límite, non se poderá cambiar a opción de avaliación continua elixida. Os alumnos que non fagan elección algunha optarán automaticamente por avaliación global. Dado o carácter necesariamente colaborativo e social da opción B, para os grupos que non consigan un mínimo de 30 alumnos só estará dispoñible a opción A de as de avaliación continua. A avaliación continua consiste de 4 tipos de actividades ou probas: - Actividades puntuables de tipo non presencial na aula virtual. Durante o curso, cunha periodicidade aproximadamente semanal, exponse tarefas, resolución de exercicios, preguntas e cuestionarios de autoavaliación na aula virtual que deben ser realizados polos alumnos de maneira individual, autónoma e non presencial, sempre cunha data límite. A realización destas actividades permite obter "puntos de mérito" (PM) ata un máximo de 100 puntos (no caso da realización correcta de todas elas). A cualificación deste apartado será igual á cantidade de PM dividida por 100. Co obxectivo de facilitar a consecución do máximo de puntos, permitirase conseguir certa cantidade de PM mediante recompensas, e nas tarefas con entregas empregarase a avaliación por pares, o que permitirá ao alumnado que o desexe obter PM adicionais.
Os PM só contabilizan para os alumnos que escollan a opción B de avaliación continua. Os que escollan a opción A de avaliación continua poden facer igual as tarefas e cuestionarios, pero os PM conseguidos non contabilizan para a nota final, sendo tan só orientadores para a súa autoavaliación.
- Programas de rede (PR): Durante o curso exponse a realización e entrega de maneira autónoma, individual e non presencial de pequenos programas de rede. Haberá varias sesións presenciais para explicar os conceptos de programación relacionados (sockets, utilidades de rede), e tamén para resolver dúbidas co profesor, e para probar e depurar os programas no laboratorio antes de ser entregados. A cualificación obtida nestas prácticas (PR), entre 0 e 10, será multiplicada pola cualificación obtida nunha cuestión (CR) sobre elas realizada no Exame Final, e puntuada entre 0 e 1.
- Dúas probas intermedias tipo test, dunha hora de duración, para control de seguimento da materia (C1 e C2). Cada proba de control ten un peso do 25% sobre a nota final (NF) para os alumnos que escollan a opción A de avaliación continua e do 20% para os alumnos que escollan a opción B. A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grao (CAG) e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre.
- Un exame final (EF) escrito sobre todos os contidos da materia, que ten un peso do 40% sobre a Nota Final (NF) e no que é necesario alcanzar 4 puntos sobre 10 para poder superar a materia. Na mesma proba do Exame Final exporase unha cuestión sobre os programas de rede (CR), pero a puntuación, entre 0 e 1, non forma parte do exame final, e só se emprega para ponderar a cualificación obtida nas prácticas de rede.
A Nota Final obtida por Avaliación Continua (EC) será, segundo a opción elixida, A ou B NF-EC-A = 0,25 × (C1 + C2) + 0.1 × CR × PR + 0,4 × EF se EF ≥ 4 NF-EC-B = 0,2 × (C1 + C2) + PM/100 + 0.1 × CR × PR + 0,4 × EF se EF ≥ 4 Se EF < 4 => NF-EC-A = NF-EC-B = min {4; NF-AC} onde NF-AC sería a nota de avaliación continua calculada anteriormente (NF-EC-A ou NF-EC-B segundo o caso) Como xa se dixo, considérase que opta por EC aquel alumno que fixo a elección da opción de avaliación continua, A ou B, dentro do prazo establecido, que será ata o día antes da realización da primeira proba de control de seguimento, C1. Os alumnos que non fagan elección algunha de maneira explícita optarán obrigatoriamente por avaliación global. A non realización dalgunha destas probas, C1 ou C2, implica unha cualificación de "0" na proba. Estas probas, igual que as actividades puntuables non presenciais e as prácticas de rede, non son recuperables. Avaliación Gobal (AG) Os alumnos que non realizasen ningunha elección de avaliación continua dentro do período estipulado van obrigatoriamente por Avaliación Global. A Avaliación Global (EG) consistirá na realización do mesmo EF ao final do cuadrimestre, incluíndo a realización da cuestión (CR) sobre os programas de rede. A Nota Final obtense como NF-AG = 0,9 x EF + CR Oportunidade Extraordinaria Nas datas oficialmente establecidas haberá un novo EF, que tamén incluirá a cuestión sobre os programas de rede (CR), que só poderá ser realizado polos alumnos que non superaron a materia na oportunidade ordinaria. Estas probas EF e CR da Oportunidade Extraordinaria supoñen a posibilidade de mellorar a nota nestas dúas probas con respecto á primeira. No cálculo da Nota Final terase en conta a mellor nota das obtidas nestas dúas probas entre as dúas oportunidades. Aqueles alumnos que optaran por EC e desexen cambiar á modalidade de EG nesta Oportunidade Extraordinaria, deberán comunicalo por escrito ao coordinador da materia antes das 20h. do día da revisión do exame da oportunidade ordinaria. Neste caso, as condicións para aprobar a materia son exactamente iguais ás do resto de alumnos que se presentan por EG. Neste caso, non se poderá empregar ningunha recompensa obtida na EC. A obtención das Notas Finais é idéntica á da oportunidade ordinaria. Convocatoria Fin de Carrera Os alumnos que se presentan nesta convocatoria extraordinaria concorren exactamente nas mesmas condicións que nas da Avaliación Global. NF-FC = 0,9 x EF + CR Outras consideracións Considéranse presentados á materia todos os alumnos que se presenten a calquera EF. As cualificacións de todas as probas, parciais ou finais, prácticas e actividades non presenciais só terán efectos no curso académico no que se propoñan. A plataforma de aula virtual conta con ferramentas para detectar posibles comportamentos anómalos e deshonestos nos cuestionarios de autoavaliación (probas realizadas entre varios, respostas coñecidas de antemán etc.)/ etc.), así como para detectar posibles plaxios en traballos escritos ou en programas software. No caso de detección de plaxio nalgún dos traballos/probas/exames/test realizados, incluídas as actividades non presenciais entregadas ou realizadas na aula virtual, a cualificación final da materia será de Suspenso (0) e o feito será comunicado á Dirección do Centro para que tome as medidas oportunas. Todas as comunicacións oficiais do Curso serán publicadas no Foro de Avisos e Novidades da aula virtual, ao que están forzosamente subscritos por e-mail todos os alumnos. Asúmese que todo alumno le estas mensaxes e está adecuadamente informado do seu contido. Ante calquera contradición que se poida dar entre as distintas versións da guía, por causa dalgún erro de tradución, a versión que prevalecerá é a versión en lingua galega, coa excepción do grupo de docencia en inglés, para o cal o será a guía en inglés. |