Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Matemáticas: Cálculo II
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2020_21
Materia Matemáticas: Cálculo II Código V05G301V01106
Titulacion
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 FB 1 2c
Lingua impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Matemática aplicada II
Coordinador/a
Martínez Varela, Áurea María
Correo-e avarela@uvigo.es
Profesorado
Álvarez Vázquez, Lino José
Martínez Varela, Áurea María
Web http://faitic.uvigo.es/
Descrición xeral Na materia de Cálculo II do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación proporciónase formación básica e común á rama da telecomunicación. Tal e como consta na memoria do grao ao finalizar o cuadrimestre, o alumno deberá ser capaz de formular, resolver e interpretar matematicamente problemas propios da enxeñaría de telecomunicación. Para iso, ao superar a materia, deberá saber calcular integrais de funcións dunha e de varias variables, coñecer o seu significado e dominar con soltura os métodos numéricos básicos de aproximación de integrais. Doutra banda, ten que familiarizarse cos desenvolvementos de funcións en series de Fourier. Ademáis, deberá saber resolver ecuacións diferenciais de primeira e segunda orde. Finalmente, deberá saber manexar a transformada de Laplace como ferramenta para a resolución de ecuacións diferenciais. Todos estes contidos son relevantes para varias materias que debe cursar simultaneamente ou posteriormente na titulación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000