Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Matemáticas: Álxebra lineal
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios A avaliación continua consistirá en catro probas cortas a realizar na hora de clase. A planificación das probas de evaluación continua é a seguinte:
1. Examen do tema 1.
2. Examen dos temas 2 e 3.
3. Examen do tema 4.
4. Examen do tema 5.
As probas 1 e 3 terán un peso do 10% na nota final e as probas 2 e 4 terán un peso do 15% na nota final.
O peso total da evaluación continua na nota final é, polo tanto, do 50%.
A planificación das diferentes probas de evaluación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grao (CAG) e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre.
50 B3
B4
C1
Exame de preguntas de desenvolvemento Un examen final de dúas horas de duración ao final do cuadrimestre en data e lugar programados no calendario de exámenes da Escola, cubrindo os temas 1, 2, 3, 4 e 5. 50 B3
B4
C1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira oportunidade:

Evaluación continua:

Os alumnos que desexen optar pola evaluación continua deberán facelo constar por escrito no xeito e na data indicada polo profesorado da materia. Neste caso, a nota final obtense mediante redondeo simétrico a 1 decimal

N = Round ( M , 1 )

da cantidade M calculada po-la fórmula:

M = (  (E1 + (1.5 x E2) + E3 + (1.5 x E4) ) + 5 EF ) / 10

onde E1, E2, E3 y E4 son as notas, entre 0 e 10, obtidas nas catro probas de evaluación continua e onde EF é a nota, entre 0 e 10, obtida no examen final. Antes da realización ou entrega de cada proba ou tarefa indicarase a data e procedemento de revisión das probas correxidas, cuxas notas serán dadas a conocer nun prazo razonable de tempo. As probas non son recuperables: se por calquera motivo, un alumno non se presentara para realizar unha proba na data estipulada, o profesor non ten a obriga de repetirlla.

A calificación obtida nas probas de evaluación continua será válida tan só para o curso académico no que se realicen.

Evaluación única:

Os alumnos que non opten pola evaluación continua poderanse presentar a un examen (que non será necesariamente o mesmo que o dos alumnos que opten pola evaluación continua) dos temas 1, 2, 3, 4 e 5, onde serán calificados nunha escala de 0 a 10 puntos. 

Segunda oportunidade:

Os alumnos que ao término do cuadrimestre non acaden a calificación de aprobado terán opción a realizar un segundo examen final na data e hora publicada pola Escola no calendario de exámenes, o cal cubrirá os temas 1, 2, 3, 4 e 5. O día deste segundo examen, os alumnos que realizaron a evaluación continua poderán optar, se o desexan, a un examen de forma que a nota final se obteña tendo en conta a calificacións obtidas na evaluación continua pola mesma fórmula usada na primeira convocatoria: a nota final obtense mediante redondeo simétrico a 1 decimal

NR = Round ( MR , 1 )

da cantidade M calculada pola fórmula:

M = (  (E1 + (1.5 x E2) + E3 + (1.5 x E4) ) + 5 EFR ) / 10

onde agora EFR é a nota, entre 0 e 10, obtida no examen final de recuperación.

O alumno que prefira non elexir esta opción (ou que non teña realizado a evaluación continua) será calificado co resultado do redondeo simétrico a 1 decimal da nota, entre 0 e 10, obtida no examen de recuperación, o cal tamén será dos temas 1, 2, 3, 4 e 5 (pero que poderá non ser o mesmo que o que realicen os alumnos que sí elexiron dita opción). 

Observación: Durante o periodo de corrección de exames algúns alumnos poderían ser contactados por teléfono ou telemáticamente polo profesorado para aclarar aspectos das súas respostas; nese caso, tales repostas poden ter un impacto na nota do examen.

Cualificación de "No Presentado":

Un alumno obterá na primeira convocatoria a calificación de "No Presentado" no caso –e só no caso– de que non teña optado pola evaluación continua e non se teña presentado ó examen final.

Un alumno obterá na segunda convocatoria a calificación de "No Presentado" no caso –e só no caso– de que teña obtido un "No Presentado" na primeira convocatoria e non se teña presentado ao examen final de recuperación.

Convocatoria de Fin de Carreira:

Os alumnos que se presenten a Convocatoria de Fin de Carreira realizarán un examen de todos os temas da materia, onde serán calificados nunha escala de 0 a 10 puntos.

Comportamento Ético:

Espérase que todos os alumnos teñan un comportamento ético en toda-las probas de evaluación, as cales deben reflectir verazmente os coñecementos e preparación reais obtidos por cada alumno. No caso de que se detecte unha infración de dito comportamento ético nunha proba particular, a puntuación nesa proba será automáticamente de cero (0) e se emitirá informe á Dirección da Escola. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000