No caso de que a docencia sexa totalmente online, a avaliación continua consistirá na realización de dúas probas curtas e na entrega de exercicios e traballos. A planificación aproximada das probas curtas é a seguinte:
1. Examen dos temas 1, 2 e 3.
2. Examen dos temas 4 e 5.
As dúas probas terán un peso do 20% na nota final e a entrega de exercicios e traballos terá un peso do 10% na nota final.
O peso total da evaluación continua na nota final é, polo tanto, do 50%.
A planificación das diferentes probas de evaluación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grao (CAG) e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre.
A docencia e o resto da avaliación seguirán a súa planificación, pero realizaranse a través dos medios técnicos proporcionados pola UVIGO |