Guia docente 2020_21
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación - En extinción
 Materias
  Servizos multimedia
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2020_21
Materia Servizos multimedia Código V05G300V01941
Titulacion
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación - En extinción
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 OP 4 1c
Lingua impartición
#EnglishFriendly
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría telemática
Coordinador/a
Blanco Fernández, Yolanda
Correo-e yolanda@det.uvigo.es
Profesorado
Blanco Fernández, Yolanda
García Méndez, Silvia
Web http://www.faitic.es
Descrición xeral O obxectivo desta materia é proporcionarlle ao alumnado os fundamentos teóricos e as competencias prácticas que lle permitan comprender os principios básicos do tratamento dixital da información multimedia. Para iso, preséntanse os principais estándares no campo do procesamento de contido audiovisual, así como os mecanismos dispoñibles para a súa transmisión a través de distintos tipos de redes e os distintos tipos de servizos que se lle poden ofrecer ao usuario final, con especial atención á Televisión Dixital Terrestre (TDT) e á transmisión a través de redes IP (Televisión IP). A carga práctica da materia permitiralle ao alumnado adquirir dominio no deseño e desenvolvemento de servizos telemáticos baseados no intercambio de contidos audiovisuais, ademáis de adquirir habilidades para programar este tipo de servizos dentro do ámbito da televisión dixital e o vídeo baixo demanda.

Toda a documentación utilizada na materia estará dispoñible en inglés.

Os/as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000