Esta materia está pensada para ser cursada polo método de AVALIACIÓN CONTINUA e con asistencia a todas as clases. A aprendizaxe faise día a día e clase a clase. Se así se fai a avaliación perde protagonismo pois o feito da aprendizaxe é real e moi claro para todos: profesor e alumnos.
Por imperativos de organización docente é necesario habilitar a opción de AVALIACIÓN NON CONTINUA. Entendo que esta é unha vía nada recomendable se o que se desexa é aproveitar realmente o importe da matrícula e APRENDER.
En calquera caso, no método de avaliación non *contínua buscarase dar a posibilidade ao alumno de que demostre fehacientemente coñecer todo aquilo que os alumnos que asistiron a clase aprenderon durante o desenvolvemento das mesmas.
Os alumnos que opten pola avaliación non continua deberán igualmente facer os traballos que se fixeron por avaliación continua. Facer unha presentación dos mesmos, e contestar as preguntas que realice o profesor para demostrar que dominan as ferramentas que tiveron que usar para eses traballos.
Farán tamén un exame escrito no que responderán a preguntas dos temas dados nas clases maxistrais e de calquera tema desenvolvido durante o curso.
O material usado nas clases, proxectos, etc. poderase atopar en FAITIC onde se irá subindo simultaneamente co desenvolvemento das clases. |