Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Administración Integrada de Empresas e Responsabilidade Social Corporativa
 Materias
  Información e Comunicación da RSC
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado O estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixa directrices e supervisión do profesor de modo individual e/ou en grupo que serán resoltas en clase.
Inclúe, ou pode incluír, unha ou varias actividades. Evidencia/Proba non recuperable.
35 A5
B2
B8
B10
B11
C5
D1
D3
Presentación O alumno presentará os resultados do seu traballo individual ou en grupo. valorándose tanto o contido do mesmo como a presentación.
Inclúe, ou pode incluír, unha ou varias actividades. Evidencia/Proba non recuperable.
35 B9
B10
B11
C5
D1
Exame de preguntas obxectivas Realizarse unha proba individual sobre os contidos da materia.
A data indícase na plataforma educativa e corresponde coa derradeira sesión de aula para a avaliacion continua. Proba non recuperable.
30 A5
B2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


O MAiE segue un
sistema de avaliación continua. Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a ser avaliado cun exame final que avaliará tanto os coñecementos teóricos como prácticos impartidos na materia a realizar nas datas establecidas nas convocatorias oficiais e que suporá o 100% da cualificación. Nesta convocatoria poderase esixir un exame que avaliará tanto os coñecementos teóricos como prácticos da materia, así como a presentación de todas as evidencias dos traballos de aula realizados polos alumnos de avaliación continua.

As datas dos exames poderanse consultar no Calendario Docente do MAiE (Dispoñible en MooVi no Espazo Común e na web do MAiE: http://maiersc.webs.uvigo.es/).

Observación: Calquera evidencia de traballos e probas plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias.

Esta guía anticipa os principios e metodoloxías de aprendizaxe para o desenvolvemento da materia e concíbese de forma
flexible. Os datos que aparecen nesta guía e nas súas metodoloxías de planificación e educación son orientativos e poderán
axustarse en función da heteroxeneidade dos grupos e dos estudantes ou doutras circunstancias que poidan xurdir.
En consecuencia, pode requirir reaxustes ao longo do curso académico promovido pola dinámica da clase e do grupo, ou
pola importancia das situacións que puidesen xurdir.
O profesorado ofrecerá aos estudantes a información que sexa necesaria así como as pautas concretas en cada momento do
proceso formativo
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000