Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Teoría da organización
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Proba obxecto de avaliación continua. Consiste na resolución, de forma individual ou en grupo, de cuestións expostas, guiadas e supervisadas polo profesorado sobre a materia. Avaliarase a participación do alumno e a súa capacidade de integración dos conceptos desenvolvidos en clase 20
Presentación Exposición oral por parte do alumnado dun tema concreto ou dun traballo (previa presentación escrita) 15
Resolución de problemas e/ou exercicios Dúas probas con igual peso cada unha para avaliar os coñecementos adquiridos polo alumnado sobre a materia. A resposta debe ser breve. Terase en conta a capacidade de entendemento, de relación entre conceptos e de aplicación a distintas situacións e continxencias, por parte do estudantado. 50
Traballo Realización por parte do alumnado dun traballo escrito sobre un tema concreto. Avaliarase a súa capacidade de aplicar os conceptos asimilados nas clases maxistrais a situacións nun contexto real ou similar. 15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O método de avaliación da materia por defecto será a Avaliación Continua (AC). A concreción das actividades a realizar dependerá en gran medida do número de alumnos, medios para traballar en grupo, etc, e os detalles das puntuacións obtidas nas diferentes actividades a realizar se explicitarán na plataforma de teledocencia.

Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá ser avaliado en Avaliación Global (AG) cun exame final que suporá o 100% da cualificación, tanto na convocatoria ordinaria como na extraordinaria.

Na convocatoria de fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación.

Os estudantes que non participen na Avaliación Continua nin na Avaliación Global, figurarán nas actas como “non presentados”. 

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado:

(https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa) 

As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.

Os horarios de titorías dos docentes da materia estarán dispoñibles na secretaría virtual.

Esta materia no PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas - Grao en Dereito, impártese no 2º cuadrimestre do terceiro curso e o profesorado responsable está integrado por Fernando Comesaña Benavides e José Santiago Gómez Fraiz.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000