Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dereito civil I. Obrigas e contratos
   Resultados previstos na materia
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Trata os elementos esenciais do Dereito Civil patrimonial, a saber, a obriga e os contratos. Dedicase una especial atención á responsabilidade civil tanto contractual coma extracontractual. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. - Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais. - Coñecer as normas civís relativas ao dereito de Obrigacións, á Teoría Xeral da Contratación e aos Contratos en particular, con referencia á responsabilidade civil contractual e extracontactual - Ser capaz de identificar problemas xurídicos de Dereito civil, abordando a súa solución mediante a procura, interpretación e aplicación da normativa civil aplicable ao suposto concreto Capacidade de análise e síntese para a elaboración e defensa de argumentos, así como, organización, planificación e utilización do tempo ante situacións de presión. Capacidade para a toma de decisións de forma autónoma e independente de liderado e capacidade para o traballo cooperativo en equipo, como habilidades nas relacións interpersoais que favorezan a eficacia interpersoal. Capacidade de comportarse de maneira ética e con responsabilidade social como cidadán e como profesional, respectando a diversidade e multiculturalidade. Ser capaz de resolver problemas e interpretar datos derivados da realidade en relación co seu significado e relacionalos coas distintas ramas do ordenamento xurídico. A2
A3
A4
Ser capaz de identificar problemas xurídicos e abordar a súa solución de modo interdisciplinar. Uso de linguas estranxeiras nas actividades das diferentes materias.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000