Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Macroeconomía
   Resultados previstos na materia
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lograr o manexo por parte dos estudantes da análise económica a través das súas ferramentas básicas, de modo que para abordar preguntas económicas sexan capaces de construír modelos económicos simples, que mediante unha representación simplificada da realidade permitan tratar axeitadamente o problema A2
A5
Habilidades na busca, identificación e interpretación de fontes de información económica relevante e do seu contido A3
A4
Espertar o interese dos estudantes respecto á análise dos efectos das políticas macroeconómicas, de modo que ante a aplicación dun novo instrumento de política económica sexan capaces de formarse unha opinión fundamentada sobre a súa eficacia na consecución dos obxectivos para os cales se formulase A2
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000