Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Estatística: Estatística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Lección maxistral O contido teórico da materia será avaliado mediante probas en todos os exames que se realicen 10
Resolución de problemas A avaliación relativa aos problemas farase mediante a resolución de probas en todos os exames que se realicen. 30
Exame de preguntas de desenvolvemento Na convocatoria oficial ordinaria realizarase un exame, con parte teórica, así como práctica.

(Ver seguinte epígrafe para coñecer o sistema de avaliación detallada)
60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada estudante poderá elixir si desexa avaliación continua ou avaliación mediante un único exame final. Considerarase que un/unha estudante opta pola primeira opción (avaliación continua) no caso de presentarse ao exame parcial, mentres que se asumirá que opta pola segunda opción (exame final) se non se presenta ao exame parcial. 


O/A estudante que se acolla á avaliación continua, realizará un parcial durante o curso dos temas 1 e 2 (primeira parte da materia). Devandito parcial constará dunha parte teórica (cun peso do 25%) e unha parte práctica (cun peso do 75%).

No caso de superar o parcial cunha nota maior ou igual que 5, considerarase aprobada esta parte e no exame final só se avaliará dos temas 3 e 4 (segunda parte da materia), que consistirá nun exame cunha parte teórica (cun peso do 25%) e unha parte práctica (cun peso do 75%), tal e como se describiu anteriormente. O/A estudante terá neste caso unha nota para cada parte da materia: a nota da primeira parte será a obtida no parcial e a nota da segunda parte a obtida no exame da convocatoria ordinaria.

No caso de non superar o parcial, no exame da convocatoria oficial resolveranse os exames das dúas partes da materia (cada un dos cales constará dunha parte teórica e dunha práctica coa ponderación descrita anteriormente). Neste caso, a nota da primeira parte calcularase como a media ponderada do parcial (40%) e da nota obtida na primeira parte do exame da convocatoria ordinaria (60%). A nota da segunda parte da materia será a obtida no exame.

Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudante poderá optar a ser avaliado cun exame final que suporá o 100% da cualificación. A estrutura deste exame final constará de dúas partes como as descritas anteriormente. 

En calquera do tres casos arriba descritos, para aprobar será necesario ter polo menos un 3.5 en cada unha das partes e que a media de ditas notas as sexa maior ou igual que 5. No caso de que a nota obtida en cada parte sexa como mínimo de 3.5, a nota final da materia calcularase como a media entre as cualificacións obtidas en ambas partes, en caso contrario, a nota final será calculada como o mínimo entre a media das dúas partes e un 4.

A avaliación na convocatoria extraordinaria, así como na convocatoria fin de carreira, será mediante a realización dun exame (coa mesma estrutura que a descrita anteriormente) que suporá o 100% da cualificación.

As datas dos exames finais das distintas convocatorias poderanse consultar na páxina web da facultade: http://fccee.uvigo.es/
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000