Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Economía industrial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba curta sobre os contidos teóricos dos primeiros temas. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B6
B7
C1
C2
C4
C5
C6
D1
D5
Exame de preguntas obxectivas Proba parcial dos contidos teóricos e prácticos dos temas 1 a 3. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B6
B7
C1
C2
C4
C5
C6
D1
D2
D3
D4
D5
Exame de preguntas obxectivas Proba parcial dos contidos teóricos e prácticos dos temas 4 a 6. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B6
B7
C1
C2
C4
C5
C6
D1
D2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado
mediante o sistema de Avaliación Continua (AC), ou, alternativamente, optar por
unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O
alumnado pode renunciar a ser cualificado por avaliación continua se así o
comunica antes da data da primeira proba parcial sinalada abaixo. A elección da
AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de
AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas
que xa se realizaron.

Con independencia do sistema de avaliación
elixido, o estudante poderá sempre optar á máxima cualificación.

Avaliación continua (AC): No caso de non renunciar á avaliación continua:

a. Avaliación: está formada polas seguintes probas e puntuacións:  

Proba curta a principios
de cuadrimestre sobre os contidos teóricos dos temas 1 e 2, valorada con 2
puntos

Proba parcial a mediados
do cuadrimestre sobre os contidos teóricos e prácticos dos temas 1 a 3,
valorada en 4 puntos.

Proba parcial que terá
lugar o mesmo día oficial que a AG de primeira oportunidade sobre os contidos
teóricos e prácticos dos temas 4 a 6, valorada en 4 puntos.

b. Nota mínima en cada parte: para aprobar a materia é imprescindible obter en
cada unha das dúas probas parciais unha puntuación mínima de 3,5 puntos
(sobre 10)
.

Se nalgunha das dúas probas parciais non se
alcanza a puntuación mínima, poderase recuperar nas convocatorias ordinaria ou
extraordinaria recollidas na páxina web da facultade (http://fccee.uvigo.es).

c. Nota mínima para aprobado: Para aprobar a materia a cualificación global ten
que ser igual ou maior que 5 puntos (sobre 10).

d.Asistencia mínima: para acollerse ao
sistema de avaliación continua, o alumnado ten que asistir a un mínimo
do 80%
 tanto das clases teóricas como prácticas, excepto para os
estudantes de 2ª ou posteriores matrículas.

e. Considerarase
que o alumnado se ten presentado á avaliación continua cando se teña presentado
a algunha das probas/actividades desta modalidade.

f. Para aprobar a materia nas convocatorias ordinaria e extraordinaria é
imprescindible que en cada unha das dúas probas parciais se obteña unha
puntuación mínima de 3,5 puntos (sobre
10)
. Se non se cumpre a condición anterior (ou non se presenta ao exame), a
nota máxima da materia será de 4 puntos. Aprobarase a materia se se obtén unha
puntuación global igual ou superior a 5
puntos (sobre 10)
.

Avaliación global (AG) en primeira
oportunidade (convocatoria ordinaria)

O alumnado será avaliado mediante un exame
que se celebrará na data oficial recollida na páxina web da facultade e
supoñerá o 100% da nota. O exame constará de 2 partes (a primeira corresponderá
aos temas 1 a 3, e a segunda aos temas 4 a 6), cada unha das cales supoñerá o
50% da cualificación final. Para aprobar a materia é necesario que a media das
cualificacións das dúas partes sexa igual ou superior a 5 puntos (sobre
10)
, sendo ademais imprescindible que en cada unha das dúas partes se
obteña unha puntuación mínima de 3,5 puntos (sobre 10). Se non
se cumpre a condición anterior, a nota máxima da materia será de 4 puntos.

Avaliación global (AG) en segunda
oportunidade (convocatoria extraordinaria) e convocatoria de Fin de Carreira

O alumnado será avaliado mediante un exame
que se celebrará na data oficial recollida na páxina web da facultade e
supoñerá o 100% da nota. O exame constará de 2 partes (a primeira corresponderá
aos temas 1 a 3, e a segunda aos temas 4 a 6), cada unha das cales supoñerá o
50% da cualificación final. Para aprobar a materia é necesario que a media das
cualificacións das dúas partes sexa igual ou superior a 5 puntos (sobre
10)
, sendo ademais imprescindible que en cada unha das dúas partes se
obteña unha puntuación mínima de 3,5 puntos (sobre 10). Se non
se cumpre a condición anterior, a nota máxima da materia será de 4 puntos.

Os estudantes que non participen na AC nin na
AG, figurarán nas actas como "non presentados".

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título
VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a cualificación
e a calidade dá docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado
(https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa
)







































As
datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as
especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de
Facultade para o curso 2024/25. En caso de conflito ou disparidade entre as
datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da
facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000