Guia docente 2025_26
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Economía dos servizos públicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario
Asistencia, participación nas prácticas, e elaboración e defensa pública dun ensaio relacionado coa materia. Como requisito para a presentación do ensaio, que suporá o 80% da calificación das probas de seminario, débese asistir a un mínimo de 6 clases prácticas (con posible xustificación de ausencia segundo normativa)
30 C3
C9
D1
D5
D7
Resolución de problemas e/ou exercicios Unha primeira proba escrita liberatoria a mediados do curso que suporá o 35% da cualificación e unha segunda proba do resto da materia, que tamén suporá un 35% da cualificación, na data oficial de avaliación da convocatoria ordinaria e que será obligatoria. No caso de non alcanzarse un 3,5 na primeira proba, deberá repetirse na data de exame da convocatoria ordinaria (cun 35% da cualificación). Unha proba de avaliación global na convocatoria extraordinaria que suporá o 70% da calificación. 70 C3
C5
C9
C11
D1
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG) da materia, tanto na primeira oportunidade (convocatoria ordinaria) como na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria), a decididr nas seis primeiras semanas e que suporá o 100% da calificación. A proba de avaliación global consisitirá nun exame escrito sobre os contidos expostos nas leccións maxistrais e no seminario. 

A avaliación por defecto é a AC. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.

En caso de non renunciar á AC, os requisitos e probas son as establecidas no punto precedente desta guía docente. 

Na convocatoria de fin de carreira, a proba de avaliación global suporá o 100% da cualificación.

Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como "non presentados".

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa )

As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2025/26. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, https://fccee.uvigo.es.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000