Educational guide 2025_26
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Econometría I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Realización de exercicios con diversas bases de datos cuxa realización requirirá o uso de Gretl e/ou Python. 30 C1
C10
D1
D5
D7
Exame de preguntas obxectivas As preguntas referiranse a contidos vistos tanto en clases teóricas como prácticas 35 C1
C10
D1
D5
D7
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución e entrega de problemas/exercicios realizados durante as sesións de clase teórica e/ou fóra do horario lectivo. 35 C1
C10
D1
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada curso académico, o estudantado ten dereito a dúas convocatorias: 1) Convocatoria ordinaria, no semestre de ensino; 2) Convocatoria extraordinaria, en xuño / xullo.


En cada convocatoria, o/a estudante poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de Avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A AC será o sistema preferente. O estudantado ten de prazo ata o 15 de outubro para comunicar por email ao/á profesor/a de a materia a súa renuncia á avaliación continua. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir evaluándose mediante as actividades de AC que resten e a calificación obtenida ata ese momento en calqueira das pruebas xa realzadas.

Avaliación continua (AC):

  • A asistencia ás sesións teóricas e prácticas é obrigatoria (excepto por causas xustificadas).
  • Primeira oportunidade (convocatoria ordinaria): A cualificación final será a suma ponderada
    das notas correspondentes ao traballo nas prácticas (30%), resolución de problemas/exercicios (35%) e exame parcial (35% ). Se o/a estudante non consegue unha
    nota de 5 puntos ou superior, poderá
    renunciar á cualificación dos parciais e presentarse a proba
    final na data oficial da proba de AG (primeira convocatoria). Nese caso, a nota será igual á
    suma ponderada da nota das prácticas (30%) e a proba final (70%).
  • Segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria xuño/xullo): A cualificación final será a suma ponderada da nota das prácticas (30%) e a proba final (70%) que se realizará na data oficial da proba de AG (segunda convocatoria).  

Avaliación global (AG, en caso de renunciar á avaliación continua):

  • Primeira oportunidade (convocatoria de xaneiro): o 100% da nota total obtense a través dunha proba final global.
  • Segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria de xullo): o 100% da nota total obtense a través dunha proba final global.

Na convocatoria Fin de Carreira, o 100% da nota total obtense a través dunha proba final global.


As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) e da convocatoria de Fin de Carreira son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2025/26. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, https://fccee.uvigo.es.


Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado.



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000