Non existe ningún requisito formal para poder cursar esta materia, aínda que resulta recomendable ter superada a materia do primeiro curso "Economía. Principios de Economía I".
Suponse que o alumnado está familiarizado con conceptos económicos básicos: demanda, oferta, equilibrio, elasticidade, competencia perfecta.
Ademais, o alumnado debe posuír coñecementos básicos de matemáticas, adquiridos no bacharelato e na materia de matemáticas cursada no primeiro ano do grao. En particular, debe ter coñecementos elementais de álxebra (operación e manipulación de expresións algebraicas, resolución de sistemas de ecuacións), representación gráfica de funcións dunha variable, derivación de funcións dunha variable e obtención de derivadas parciais en funcións de varias variables.
Na plataforma docente poderase consultar información relevante para o seguimento da materia. |