Cada estudante poderá optar entre (1) avaliación continua ou (2) exame global. 1. Avaliación continua. Neste caso a cualificación obterase do seguinte modo: - 20% cun control dos primeiros 5 temas.
- 40% cunha proba parcial dos temas 1 a 8.
- 40% cunha proba parcial dos temas 9 a 16 (se o intervalo entre a data oficial do exame final e a finalización das clases é inferior a 15 días, esta proba celebrarase nesa data).
Para aprobar a materia a cualificación obtida ha de ser maior ou igual a 5 puntos (sobre 10), sendo ademais imprescindible obter en cada unha das dúas probas parciais unha puntuación igual ou superior a 4 puntos (sobre 10). Si non se alcanza esa puntuación nalgunha das dúas probas parciais, poderase recuperar a parte correspondente no exame que se celebrará na data oficial recollida na páxina web da facultade (http://fccee.uvigo.es). Si tampouco se alcanza esa puntuación nese exame (ou non se presenta ao exame), a nota final máxima da materia será de 4 puntos.
Para o alumnado que teña que recuperar as dúas probas parciais é imprescindible que en cada unha das dúas partes obtéñase unha puntuación igual ou superior a 3,5 puntos (sobre 10). Si non se cumpre a condición anterior, (ou non se presenta ao exame), a nota máxima da materia será de 4 puntos.
O alumnado que non se presente a ningún dos parciais, nin á súa recuperación no exame final, será cualificado como Non Presentado (aínda que realizase o control dos 5 primeiros temas).
O alumnado pode renunciar a ser cualificado por avaliación continua se así o comunica antes do 30 de novembro.
2. Exame global: O exame celebrarase na data oficial recollida na páxina web da facultade e suporá o 100% da nota. O exame constará de dous partes (a primeira corresponderá aos temas 1 a 8 e a segunda aos temas 9 a 16), cada unha das cales suporá o 50% da cualificación final. Para aprobar a materia, é necesario que a media das cualificacións das dúas partes sexa igual ou superior a 5 puntos (sobre 10), sendo ademais imprescindible que en cada unha das dúas partes obtéñase unha puntuación igual ou superior a 3,5 puntos (sobre 10). Si non se cumpre a condición anterior, a nota máxima da materia será de 4 puntos.
Exame de fin de carreira: O exame de fin de carreira suporá o 100% da nota.
Datas oficiales de examen: Poden ser consultadas na páxina web da facultade: http://fccee.uvigo.es |