Educational guide 2021_22
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Economía española
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas con apoio das TIC Nas aulas de informática, realizaránse fundamentalmente tarefas ben definidas de análise e interpretación de datos sobre aspectos relacionados co temario. O obxectivo é aprender o tratamento de información e elaboración de informes que lle permitan o estudantado describir fenomenos da economía española como inflación, desemprego, crecemento económico etc.
Traballo tutelado Cada traballo ou informe mellorado estará baseado no aprendido nas aulas de informática e clases teóricas. Será realizado unha vez o alumnado se familiarizou cos conceptos necesarios, con bases de datos e co proceso de interpretación de información que inicia na aula de informática ca elaboración do informe. Cada traballo tutelado é a continuación das sesions de aula de informática e clases maxistrais e inclue a elaboración dun informe en base a información estadística e contenidos do programa da materia que previamente se aprenderon nas clases de teoría e práctica. Estos traballos tulelados ou informes mellorados forman parte do traballo persoal do alumnado e serán correxidos polo profesor de cada práctica para alumnado que segue avaliación continua.
Lección maxistral Expoñeránse de maneira resumida os contidos máis sustanciais de cada tema. Desta forma, o alumno irá compoñendo un primer esquema de rasgos básicos da economía española, e, simultáneamente, familiarizaráse co uso de esquemas interpretativos e con fontes de información estatística, que posteriormente terá que seguir exercitando autónomamente con análise comparativo e descritivo e usando bibliografía e outro material recomendado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000