Guia docente 2025_26
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Estatística: Estatística I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC AVALIACIÓN CONTINUA EC1:
Os/as estudantes deberán resolver, mediante o programa estatístico utilizado na materia, os exercicios propostos pola profesora.
20 A3
B2
B7
C6
C8
C12
C13
D5
D7
Exame de preguntas obxectivas AVALIACIÓN CONTINUA EC2:
O alumnado resolverá cuestionarios tipo test con preguntas teóricas e prácticas dos temas indicados. Para iso utilizarase a ferramenta de cuestionarios da plataforma de teledocencia Moovi.
20 A2
C1
C6
C10
C12
D7
Exame de preguntas obxectivas AVALIACIÓN CONTINUA EC3:
O alumnado resolverá cuestionarios tipo test con preguntas teóricas e prácticas dos temas indicados. Para iso utilizarase a ferramenta de cuestionarios da plataforma de teledocencia Moovi.
20 A2
C1
C6
C10
C12
D7
Resolución de problemas e/ou exercicios AVALIACIÓN CONTINUA EC4: Os/as alumnos/as resolverán de forma
individual varios exercicios, cuxa solución se presentará por escrito para a súa corrección e cualificación.

REQUÍERESE NOTA MÍNIMA: 3 puntos sobre 10.
40 A2
A3
B2
B7
C1
C6
C10
C12
C13
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O procedemento para elexir a AG será por medio dunha enquisa que será habilitada en Moovi ao comezo do cuatrimestre. A data límite para cubrir dita enquisa será o 1 de marzo de 2026. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.

  • AC. En caso de non renunciar á avaliación continua:
    • Avaliación: O alumnado realizará as probas que constan como AVALIACIÓN CONTINUA no apartado Avaliación e cualificarase segundo a ponderación indicada.  
    • As probas incluídas no apartado "Resolución de problemas" requiren a obtención de polo menos 3 puntos (sobre 10). Se non se alcanza esta nota mínima, a cualificación máxima de EC será de 4,5 puntos (suspenso) independentemente da cualificación obtida nas demais probas.
    • Para superar a materia débese obter unha cualificación maior ou igual que 5 puntos (sobre 10) na nota final. 
    • Considerarase que o alumnado se ten presentado á avaliación continua cando se teña presentado a algunha das probas/actividades de avaliación desta modalidade. Se non se presenta a ningunha das probas, figurará nas actas como "non presentado".

  • AG na primeira oportunidad (convocatoria de maio-xuño II cuatrimestre). O alumnado realizará unicamente a PROBA DE AVALIACIÓN GLOBAL na data oficial establecida para o exame da materia. Para superar a materia deberá obter unha cualificación maior ou igual que 5 puntos (sobre 10) na devandita proba. Considerarase como presentado se se presenta á devandita proba. 
  • AG na segunda opportunidade (convocatoria extraordinaria de xullo) e na convocatoria de Fin de Carreira. O alumnado será avaliado mediante unha proba de avaliación global que supoñerá o 100% da nota. A nota mínima para aprobar será de 5 puntos. 

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do "Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado" (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565).

As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2025/26. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, https://fccee.uvigo.es

A información sobre as titorías atópase no Moovi da materia. Estas realizaranse en modalidade presencial concertada. O procedemento de solicitude será por correo electrónico.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000