Evaluarase o contido das clases de teoría e de prácticas.
(40% a primeira proba e un 20% as prácticas)
60
B4
C7 C8
D7
Resolución de problemas e/ou exercicios
O alumnado deberá resolver os problemas e/ou ejercicios que se lle plantexan.
40
C7 C12
D2 D5 D7
Outros comentarios sobre a Avaliación
O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación continua é o sistema preferente. Se considerará que o alumnado optou pola avaliación continua cando participa na segunda proba que se realizará no mes de decembro. Se un alumno non participa nesa segunda proba, (ou en ningunha proba), elixe a AG e supón a renuncia á calificación obtida ata ese momento en cualquera das probas que xa se fixeran.
EC. En caso de non renunciar á avaliación continua: a cualificación determinarase a partir das seguintes probas e actividades:
- Dúas probas. Realizaranse durante o período lectivo nas clases prácticas. Cada un deles constituirá o 40% da cualificación final da materia. A primeira proba non ten un carácter liberador, é dicir, cada unha delas tratará os contidos vistos ata o momento da realización da proba, tanto nas clases teóricas como prácticas.
- Prácticas. As tarefas asignadas durante as prácticas suporán o 20% da nota final da materia.
As datas das probas estarán previstas na Comisión Académica de Grao e estarán dispoñibles ao comezo do cuadrimstre. Estas probas non son recuperables, é dicir, se o alumnado non as realiza o día estipulado a equipa docente non ten o deber de repetilas (salvo que exista causa de forza maior). Considerarase que o alumnado optou pola avaliación continua ao participar na segunda proba. O alumnado que opte pola avaliación continua e non supere a materia non poderá presentarse ao exame final de avaliación global na convocatoria ordinaria.
EG en convocatoria ordinaria: O alumnado será avaliado mediante unha única proba que contará cunha parte de preguntas obxectivas e outra de resolución de problemas e exercicios.
EG na oportunidade extraordinaria (convocatoria extraordinaria de xullo) e na convocatoria de Fin de Carrera, o alumnado será avaliado mediante unha única proba que contará cunha parte de preguntas obxectivas e outra de resolución de problemas e exercicios.
Os estudantes que non participen na EC nin na EG, figurarán nas actas como non presentados.
Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa )
As datas e horas das probas de EG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024/25. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000