Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Historia: Historia económica
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Seminario Os seminarios teñen un carácter práctico. Abarcan lecturas de artigos, capítulos de libros, preparación de síntese e, no seu caso dalgún powerpoint para as presentacións en clase, respostas a cuestionarios e realización de exercicios de interpretación estatísticas económicas (series históricas, cadros, gráficos). As dúbidas resólvense na tutorías individuais e a través do Foro que se abre na plataforma de MOOVI.
Seminario Na plataforma de MOOVI ábrese un Foro de preguntas sobre o curso que serve de canle para a relación entre alumnos e profesor, e entre o alumnado, para canalizar dúbidas, respostas e suxestións
Lección maxistral A aprendizaxe xorde da recepción de información (dimensión receptiva) e do tratamento intelixente desa información (dimensión activa), desde a súa procura, até a súa provisión e procesamiento. Non hai aprendizaxe sen o traballo activo dos propios alumnos. O profesor fomentarao, instando á participación do alumnado tanto nas clases teóricas como nas prácticas, que esixirán unha actividade continuada ao longo de todo o curso, e a resolución das preguntas ou dúbidas que vaian xurdindo, a título individual ou colectivo. Neste proceso de aprendizaxe, nas clases teóricas e prácticas, haberá unha atención oportuna ás dúbidas ou as dificultades que poidan xurdir, directamente nas clases, nas tutorías ou a través da plataforma docente desta materia en MOOVI.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000