Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Historia: Historia económica
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

Ante a incerteza sobre a evolución da pandemia COVID 19, consideramos os seguintes escenarios:

MODALIDADE MIXTA
As clases serán impartidas de forma presencial e de forma online, a través de Campus Remoto e a plataforma MOOVI, seguindo as directrices establecidas pola UVigo.
A metodoloxía e os criterios de avaliación serán os recolleitos nesta guía.

MODALIDADE NON PRESENCIAL
No caso de que non poida haber docencia presencial, esta realizarase online, tanto as clases teóricas como prácticas, a través do Campus Remoto e da plataforma MOOVI, seguindo as directrices establecidas pola UVigo. Os materiais das clases prácticas fornécense aos alumnos/ as do mesmo xeito que cando as prácticas son presenciais. En canto ao manual, este curso aconséllase a compra do mesmo a todo o alumnado ao principio do curso, ante a posibilidade do peche das bibliotecas nun escenario de confinamento. (Especifícase no apartado 9 de recomendacións).

AVALIACIÓN
No relativo ás probas de avaliación, no caso de confinamento, tanto os exames dos contidos de cada seminario e a parte do temario desenvolta nos grupos grandes, poderanse realizar online a través da plataforma MOOVI, ou a través do Campus Remoto na data e o horario establecidos no calendario de exames do centro.
As preguntas de desenvolvemento poderán ser substituídas e/ou complementadas por preguntas test cando as probas de avaliación non se poidan realizar presencialmente.

TUTORIZACIÓN
Para todas as modalidades, as seccións de tutorización realizásense por medios telemáticos (correo electrónico, Videoconferencia,..), baixo a modalidade de concertación previa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000