A materia Historia Económica Mundial ten por obxecto iniciar aos estudantes de Economía no estudo de longo prazo, das grandes transformacións na organización económica das sociedades humanas, para entender como se conforman as bases da economía actual.
Ofrece una visión panorámica dos cambios económicos, industriais e organizativos ao longo da historia, usando ferramentas teóricas e empíricas doutras ramas da economía e das ciencias sociais próximas. Así, ten por obxeto analizar o desenvolvemento da economía internacional e as grandes fases do crecemento económico moderno. Observar e analizar os efectos de acontecementos cruciais sobre a realidade socieconómica.
– Investigar as implicacións dos cambios nas institucións económicas de carácter global —por exemplo, o patrón ouro, os bloques comerciais, FMI, ou a OMC— e os efectos do cambio tecnolóxico a curto, medio e longo prazo.