Sesión maxistral |
Dúas horas semanais (dous días, una hora por sesión).
Mediante esta metodoloxía, co apoio audiovisual, presentarase de maneira sintética, secuencial e motivadora os aspectos claves dos contidos fundamentais da materia.
As primeiras estarán adedicadas a ofrecer unha visión panorámica da materia e conceptos básicos de historia económica; as restantes sesións estarán destinadas a exposición do temario.
A pesar de que o método destas sesións é fundamentalmente expositivo, promoverase a participación activa do estudantado. |
Seminarios |
Realizaránse 6 (duración por sesión 2h,30').
É una instancia para socializar, depurar e sintetizar os coñecementos adquirido na preparación da sesión.
Concíbese como un proceso de aprendizaxe continuado.
O obxectivo é preparar o estudantado para a compensión dos textos propostos como lecturas.
Esixirá un traballo previo a sesión, que consistirá na lectura dun tema señalado, así como a redacción dun pequeno documento coas ideas e argumentacións maís relevantes da lectura.
Na propia sesión, expondranse e debatiranse as lecturas. |