|
O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida, ata ese momento, en calquera dás probas que xa tiveron lugar. Con independencia do sistema de avaliación elixido, poderá sempre optar á máxima cualificación. A- AVALIACIÓN CONTINUA (AC), no caso de non renunciar á avaliación continua: Esta avaliación suporá a participación das clases prácticas e a entrega das prácticas na plataforma docente no tempo que estableza cada práctica e o profesorado implicado. O alumnado poderá renunciar á Avaliación Continua (AC), no prazo establecido (compartirase por escrito as dúas primeiras semanas do curso). É necesario e obrigatorio formalizar a renuncia á AC, por escrito, e comunicalo ao profesorado da materia. Valorarase a asistencia ás clases teóricas. A asistencia ás clases prácticas é obrigatoria. As sesións prácticas son 8, e cada sesión é de 2 horas e 30 minutos. Para a avaliación final será necesario realizar polo menos 6 do total das 8 prácticas do curso. As faltas deberán xustificarse a través do correo electrónico co profesorado da materia. A nota final do curso será a suma da nota obtida nas probas realizadas nos seminarios durante o cuadrimestre cunha ponderación sobre o total do 40%, a participación nas clases teóricas e prácticas (20%) e a cualificación obtida na última proba escrita, que coincidirá coa data da Avaliación Global (AG) cunha ponderación do 40%. Para superar a materia é imprescindible presentar as prácticas e presentarse á proba escrita e superar cada unha das partes (cun mínimo de 5 -sobre 10-en cada parte). AVALIACIÓN GLOBAL (AG): AG en primeira oportunidade (convocatoria xaneiro-febreiro I cuadrimestre). O alumnado será avaliado mediante: •O alumnado que opte por esta modalidade de Avaliación Global terá que realizar unha única proba final escrita que suporá o 100% da cualificación numérica, de 0 a 10. •Esta modalidade (AG) non conleva a obrigación de realizar as prácticas nin subilas á plataforma docente. Para esta modalidade, a proba final escrita, cunha duración mínima de 2 horas, constará de duas partes: Parte teórica, tratará de dúas preguntas de desenvolvemento (a elixir dun total de tres) e dúas preguntas curtas (a elixir dun total de catro) A práctica consistirá nun comentario de texto, sobre un dos temas de estudo. AG na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria de xullo) e na Convocatoria de Fin de Carrera a proba escrita suporá o 100% da cualificación e manterá o mesmo esquema, datas e os horarios que a proba da Avaliación Global. A materia que integra esta convocatoria é a desenvolvida no curso vixente. As probas de avaliación das diferentes convocatorias ou oportunidades son as especificadas no calendario da páxina web da Facultade http://fccee.uvigo.es O estudantado que non participe na AC nin na AG, figurarán nas actas como "non presentado". Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a cualificación e a calidade dá docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para cada curso. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, https://fccee.uvigo.es A información sobre horarios/solicitude de titorías aparecerá na web do curso dentro da plataforma Moovi. O estudantado terá dereito a titorías presenciais, nos horarios publicados na plataforma docente moovi ou titorías virtuais. É necesario concertar previamente a cita de titoría co profesorado que imparte a materia por correo electrónico. |