O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou
alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). O procedemento de renuncia á AC debe ser expreso por parte do alumnado, seguindo a normativa da UVIGO, respetando o prazo mínimo de 1 mes dende o comezo do curso, e asinado polo profesorado da materia. A elección
de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten
e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. AC. En caso de non renunciar á avaliación continua, o procedemento de avaliación será rexistrado nos partes de asistencia de cada sesión, onde se desenvolverán as probas que citamos a continuación: 1. Resolución de problemas (40%, cun 10% para cada unha delas; nota mínima 3 puntos sobre 4); 2. unha proba baseada nun seminario sobre a materia (un 20% de valoración sobre a nota total da AC; nota mínima 1 punto sobre 2); 3. unha proba de debate cunha valoración máxima do 10% sobre o total da AC (nota mínima 0,5 puntos sobre 1); c. A nota mínima para aprobado é o 5 da totalidade das probas de avaliación continua.
d. Non se consideran prácticas obrigatorias para a AC; e. Considerarase que o alumnado se ten presentado á avaliación continua cando se teña
presentado a algunha das probas/actividades de avaliación desta modalidade; f. Non se considera AC en segunda oportunidade. EG en primeira oportunidade (convocatoria de febreiro I cuadrimestre/convocatoria de maio-xuño II cuadrimestre). O alumnado será avaliado mediante unha proba escrita final de 2 preguntas longas a escoller 1 (50% da nota da proba), e 4 preguntas cortas a escoller 2 (50% da nota da proba), cunha nota mínima de 5 sobre 10 para o aprobado na proba final. EG na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria de xullo) e na convocatoria de Fin de Carreira, o alumnado será avaliado mediante unha proba escrita final de 2 preguntas longas a escoller 1 (50% da nota da proba), e 4 preguntas cortas a escoller 2 (50% da nota da proba), cunha nota mínima de 5 sobre 10 para o aprobado na proba final. Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a
Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado
(https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d2
4eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa )
As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no
calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de
conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade,
http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.
A información sobre horarios/solicitude de titorías aparecerá na web do curso dentro da plataforma Moovi. |