Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección de recursos de información
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Realización dun traballo práctico sobre un tema relacionado cos contidos da materia 20 B1
B2
B5
B6
B9
B10
B11
B13
B14
C1
C3
C10
C13
C14
C16
D1
D2
D3
Prácticas con apoio das TIC Controlarase a asistencia, participación e entrega das memorias de prácticas relativas ás actividades expostas nos termos que especifique o docente 30 B1
B2
B5
B6
B9
B10
B11
B13
B14
C1
C3
C10
C13
C14
C16
D1
D2
D3
Exame de preguntas obxectivas Preguntas curtas ou tipo test sobre os contidos desenvolvidos na materia 40 B1
B2
B5
B13
B14
C1
C3
C10
C13
D1
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de exercicios e/ou casos prácticos 10 B1
B5
B14
C1
C3
C10
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser
avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente
optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a
AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido
polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose
mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese
momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.

·        
AC.
En caso de non renunciar a avaliación continua: Para
superar a materia requírese obter como mínimo 4,5 puntos tanto no exame como
nas practicas, (puntuando sobre 10). Para seguir a modalidade de avaliacion
continua requirese a asistencia as clases practicas, pudiendo faltar un máximo
de tres (clases practicas), sempre que se xustifique adecuadamente y antes de
la clase. A puntuación obtida pola participación así como a realización e
entrega das tarefas establecidas polo profesor (traballos e prácticas de aula
informática), mantense nas convocatorias ordinaria e extraordinaria do curso
académico en vigor pero NON se gardará para cursos sucesivos. O traballo
práctico (traballos tutelados) puntúa exclusivamente na convocatoria en que se
presenta. En caso de non superar o exame na convocatoria ordinaria, o alumno
deberá entregar un novo traballo, xunto co exame, na convocatoria
extraordinaria.

·        
AG.
Os alumnos que opten por NON seguir a avaliación
continua terán que presentarse a un exame final na data oficial fixada no
calendario de exames e a nota final da materia será a do devandito exame,
valorado sobre 10 puntos. Neste caso, os alumnos deben INDICAR EXPRESAMENTE o
seu desexo de non seguir a avaliación continua a principio de curso (durante as
cinco primeiras semanas). 

Os estudantes que non participen na
AC nin na AG, figurarán nas actas como "non presentados".

Recoméndase ao alumnado ter en
conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a
Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe
do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa
)

As
datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as
especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de
Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as
datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.

Na
convocatoria de fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación.

CÓDIGO DE BOAS PRÁCTICAS: 1. Puntualidade. 2. Non está permitido facer uso de teléfonos móbiles durante as sesións de traballo, excepto cando o profesorado así o requira. 3. O plaxio total ou parcial nas actividades entregadas levará a invalidación das mesmas. 4. É imprescindible coidar a gramática, redacción e ortografía das actividades entregadas. O incumprimento desta norma levará a invalidación das actividades. 5. Para a realización dos exames, o alumno deberá presentarse ao exame debidamente identificado, co D.N.I ou pasaporte, non sendo válido ningún outro documento. 6. A revisión de exames terá lugar unicamente no horario e lugar establecido polo profesor. 7. En caso de incumprimento das normas anteriores, o profesor poderá adoptar as medidas que estime oportunas dentro da lexislación vixente. 8. O feito de introducir un dispositivo electronico non autorizado na aula do exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).


As datas de exames deberán ser consultadas na Páxina web da Facultade: (http://fccee.uvigo.es)
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000