Guia docente 2022_23
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Contabilidade financeira avanzada
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos da materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.Requírese a participación activa do alumnado na aula a través de exposicións e debates.Recoméndase ao estudante que traballe previamente o material entregado polo profesor e que se consulte a bibliografía recomendada para completar a información co fin de seguir as explicacións e participar activamente nas cuestións e preguntas suscitadas ao longo da clase. En ningun caso as transparencias entregadas polo profesor constitúen material suficiente sobre o contido da materia.
Resolución de problemas Actividade sobre as cuestións suscitadas e/ou exercicios relacionados. Os estudantes deben desenvolver as solucións adecuadas a través de aplicación de métodos ou procedementos fórmulas ou algoritmos e a interpretación dos resultados. A miúdo utilízase para complementar a lección maxistral.
Prácticas con apoio das TIC Nestas sesións de laboratorio informático aplicásense os coñecementos adquiridos nas clases teóricas e prácticas para realizar supostos prácticos coa axuda de ferramentas de ofimática, aplicacións gratuítas, bases de datos e información dispoñible en internet. Os alumnos traballarán de forma autónoma, individualmente ou en grupo, baixo a supervisión do profesor.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000