As sesións maxistrais trasladan uns contidos que é preciso relacionar con outros contidos da asignatura e de outras materias como a estadística, a investigación de mercados, o dereito ou a economía da empresa.
As sesións prácticas esixen dos estudantes unha actitude proactiva e creativa difícilmente esaxerable. O pensamento lateral e o output innovador no plan de innovación e nos propios exercicios guiados polo profesor son elementos clave na avaliación das prácticas.
O aproveitamento da materia e a súa explotación futura na vida profesional aconsella un nivel de lectura en inglés equivalente ao esixible nas probas de acceso á universidade. |