O horario de tutorías figurará na páxina docente en Moovi. O alumnado poderá solicitar unha cita a través do correo electrónico dos profesores. O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou de forma alternativa optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. Se o estudante asistise a cinco clases prácticas, entenderase que se acolle á avaliación continua; doutra maneira, acollerase á avaliación global. A puntuación pola participación e o cumprimento de todas as tarefas mantense nas convocatorias do curso académico e non se gardará nos cursos sucesivos. Notas específicas sobre o exame: (1) Poderá ser de tipo test ou de preguntas curtas. (2) Nas transparencias dispoñibles en MOOVI pódese atopar un índice estendido da materia que o alumnado terá que complementar por conta propia durante a ensinanza presencial e/ou coa bibliografía recomendada. (3) As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade. No caso de conflito ou discrepancia entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html. (4) Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2022-04/regulamento-avaliacion.pdf). |