.O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de avaliación global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir a AG enviando un correo electrónico á coordinadora da materia antes do luns da semana sétima do cuadrimestre. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de EC que resten e á cualificación obtida
ata ese momento en calquera das probas que xa se realizaron. Avaliación continua: Para superar a materia mediante o sistema de AC, tanto na convocatoria ordinaria como na extraordinaria, será necesario alcanzar unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10, sendo imprescindible obter polo menos 1,6 puntos (dun máximo de 4) no exame. En caso de non alcanzar dita puntuación mínima no exame, na acta constará a cualificación suspensa máis alta entre as seguintes dúas opcións: a obtida no bloque de resolución de problemas e prácticas con apoio das TIC ou a obtida no exame. Avaliación global: O alumnado poderá optar a ser avaliado por unha proba de AG, tanto na convocatoria ordinaria como extraordinaria,que supoñerá o 100% da cualificación. A proba constará de dous partes diferenciadas: unha teórica (5
puntos) e outra práctica (5 puntos). Para superar a proba será necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre
10, sendo imprescindible alcanzar polo menos 2 puntos na parte teórica. Os estudantes que non participen na EC nin na EG, figurarán nas actas como non presentados. Na convocatoria de fin de carreira a proba de avaliación global supoñerá o 100% da cualificación. Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado
(https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d2
4eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa). As datas e horas das probas de EG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas
de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2025/25. En caso de conflito ou disparidade entre as
datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/.
|