Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Investigación comercial
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a presentar os obxectivos e contidos da materia, a metodoloxía de traballo e os sistemas de avaliación.
Lección maxistral Exposición por parte do profesorado dos contidos da materia. Para a explicación da materia o profesorado exporá cuestións e exercicios que se resolverán na aula fomentando a participación do alumnado.
Resolución de problemas Resolución por parte do alunmado de exercicios ou casos, baixo as condicións establecidas polo profesorado, aplicando os coñecementos adquiridos. Correspóndese coas prácticas que debe realizar o alumnado de forma presencial en seminarios ou aulas de informática.
Prácticas con apoio das TIC Actividades non presenciais propostas en Moovi (cuestionarios de autoavaliación dos temas, talleres,...) relativas aos contidos explicados na lección maxistral que deberán realizarse nos prazos establecidos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000