Guia docente 2025_26
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Contabilidade de custos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Evidencias da aprendizaxe práctica a través da resolución das cuestións que se propoñen ao alumno durante o curso, para consolidar o seu proceso de aprendizaxe na materia. Estas probas son presenciais. 60 B1
B2
B3
B5
B6
B8
C1
C3
C5
C6
C7
C8
C9
C10
C11
C12
C13
C14
C15
C16
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución dunha proba escrita presencial, ao final do cuadrimestre, sobre a adquisición de competencias. Valorarase contido e forma da proba escrita. 40 B1
B2
B3
B5
B6
B8
C1
C3
C5
C6
C7
C8
C9
C10
C11
C12
C13
C14
C15
C16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Esta guía aplícase exclusivamente á docencia presencial. A cualificación da
avaliación continua (AC) será válida para as sesións de matrícula simultánea de
cada curso académico. A cualificación final da materia (primeira e segunda
oportunidade) será a maior de:



1. A suma ponderada das cualificacións obtidas nas probas de AC, que
inclúen:



1.1. Varias probas curtas dun máximo de 30 minutos cada unha (30% do
total), que se realizarán durante as clases. O seu número pode variar
dependendo das condicións dos grupos docentes.



1.2. Un exame parcial (30%).



1.3. Un exame final (40%). Este exame final coincidirá coa data da
avaliación global (AC). Exixirase unha cualificación mínima de 1/3 da
cualificación posible para cada parte, tanto teórica como práctica.



Se a media ponderada calculada cos criterios anteriores é igual ou superior
a 5, pero non se cumpren os requisitos especificados no apartado 1.3, a
cualificación final será de 4.



2. A cualificación obtida na proba EG, que require unha cualificación
mínima de 1/3 da cualificación posible en cada un dos apartados de teoría e
práctica. Se a suma das cualificacións de cada apartado é igual ou superior a
5, pero non se cumpre a condición anterior, a cualificación da materia será de
4 puntos.



Se o equipo docente o considera necesario durante o proceso de
cualificación das distintas probas de avaliación, incluída a proba final,
poderase pedir ao alumnado que lea e aclare o contido da proba.



Aconséllase ao alumnado que teña en conta o Título VII (Sobre o uso de
medios ilícitos) do Regulamento de avaliación, cualificación e calidade da
docencia e do proceso de aprendizaxe do alumnado
(https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985
ccfa). Calquera estudante que incumpra esta normativa en calquera das probas
recibirá unha cualificación de 0 en ambas as oprtunidades as que ten dereito no curso académico.

As datas e horas dos exames de primeira e segunda oportunidade son as especificadas no calendario de exames de avaliación
aprobado pola Xunta de Facultade para o curso académico 2025/26. En caso de
conflito ou discrepancia entre as datas dos exames, prevalecerán as datas
publicadas na páxina web da Facultade,
http://fccee.uvigo.es.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000