Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Políticas económicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Exame escrito. 65 B1
B5
B14
C2
C12
C13
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Para a valoración teranse en conta as actividades realizadas: análise dos principais datos que ofrecen as estadísticas económicas relativas a materia, participación
activa nas discusións, resolución de exercicios, cuestionarios, test de seguimento, etc.
35 B1
B2
B5
B8
B9
B13
B14
C12
C13
C16
D1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir
ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou
alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación
por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o
prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de
seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación
obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. 

 • AC.  En caso
de non renunciar á avaliación continua, a avaliación farase en función das
seguintes tarefas: 

 - Realización ao longo do
curso de 2 probas de avaliación, cunha ponderación do 25% e 40%,
respectivamente. A segunda destas probas terá lugar o mesmo día que a data
oficial de AG de primeira oportunidade. Se non se acada unha nota mínima de 4
na media de ambas probas, a nota final da materia nunca será superior a 4. Se
non se aproba a materia na primeira oportunidade, na segunda oportunidade se
avaliaran os contidos de ambas probas, cunha ponderación do 65%. 



- Realización ao longo do
curso de 2 test de seguimento, cunha ponderación do 10% cada un.



- Asistencia e participación
nas clases prácticas, cunha ponderación do 15%. Esta nota gardarase para a
segunda oportunidade. 

 • AG en primeira
oportunidade (convocatoria de febreiro I cuadrimestre/convocatoria de maio-xuño
II cuadrimestre). O alumnado será avaliado mediante unha única proba que
ponderará o 100%. 

 • AG na segunda
oportunidade (convocatoria extraordinaria de xullo) e na convocatoria de Fin de
Carreira, o alumnado será avaliado mediante unha única proba que ponderará o
100%. 

 Os
estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como “non
presentados”. Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de
medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a
calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado
(https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa) 

As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as
especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de
Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as
datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000