O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O procedemento para elixir a AG será por medio dunha enquisa que será habilitada en Moovi ao comezo do cuadrimestre. A data límite para cubrir a devandita enquisa será o 1 de marzo de 2025. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.