Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Empresa: Matemática das operacións financeiras
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA (AC):
Realizaranse tres probas no cuadrimestre, cunha ponderación do 30%, 30% e 40%, respectivamente.
A última proba de AC celebrarase o mesmo día que a data oficial da avaliación global (AG) de primeira oportunidade.
30, 30 y 40 B1
B2
C7
C9
C12
C13
Resolución de problemas e/ou exercicios SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL (AG):
Proba presencial, nas datas oficialmente establecidas para 1ª oportunidade e 2ª oportunidade.
100 B1
B2
C7
C9
C12
C13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC) ou, alternativamente, optar por unha proba de avaliación global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.

En caso de non renunciar á avaliación continua (AC):

  • A nota mínima para aprobar a materia é de 5 puntos.
  • A primeira proba ten un peso do 30% na nota final. Esíxese un mínimo de 5 puntos sobre un máximo de 10. Realízase a metade do cuadrimestre, evaluando competencias financeiras básicas dos catro primeiros temas do programa.
  • A segunda proba ten un peso do 30% na nota final. Esíxese un mínimo de 5 puntos sobre un máximo de 10. Realízase a final do cuadrimestre, evaluando competencias financeiras básicas dos restantes temas.
  • A terceira proba ten un peso do 40% na nota final. Calificación máxima de 10 puntos. Realízase o mesmo día de data oficial de AG de primeira oportunidade. Se evalúan competencias financeiras de nivel intermedio e avanzado do programa.
  • Considerarase que o alumnado se ten presentado á avaliación continua cando se teña presentado a algunha das probas/actividades de avaliación desta modalidade.

AG (en primeira oportunidade, en segunda oportunidade o en Fin de Carreira):

  • A nota mínima para aprobar a materia é de 5 puntos.
  • A proba é presencial e consta de tres partes que avalían, respectivamente, competencias financeiras básicas, intermedias e avanzadas.
  • Coa primeira parte da proba pódese conseguir ata 6 puntos e coas dúas partes restantes ata 4 puntos máis, podendo acadar unha puntuación máxima de 10 puntos.

O estudantado que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como non presentados.

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa )

As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.

O horario de titorías presenciais e o seu procedemento de solicitude están indicados no portal Moovi, no apartado Atención titorial da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000