O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación
continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global
(AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o
procedemento e o prazo establecido polo profesorado. A elección de AG supón a
renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que
resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa
tiveron lugar.
1. AVALIACIÓN CONTINUA (AC)*: A nota (N) obtida por este tipo de avaliación está composta pola alcanzada
nas posibles Actividades (A) propostas ao longo do cuadrimestre polo
profesorado así como en dous Parciais* (P) que consisten en dúas probas
escritas nas que se requirirá un mínimo para que poidan ser consideradas as
actividades anteriores. En concreto, as actividades A poden ser de tres tipos:
A1, A2 e A3, e a relación entre as tres notas (A, P e N), as súas puntuacións e
a súa descrición é a seguinte: A (50%): A cualificación das actividades (A) obterase a través de tres posibles
tipos de actividades expostas como complementarias, e que poden consistir
en: A1_Prácticas de laboratorio (entre 0-40%) A2_Prácticas/tarefas con apoio das TIC (entre 0-15%)
A consideración conxunta das tres posibles actividades conformará o
valor A=(A1+A2+ A3) e terá un valor máximo de 5 puntos. Para iso,
si a suma (A1+A2+A3) é igual ou superior a 5, asignarase o valor de A=5
e, si a suma é inferior a 5, asignarase o valor da suma A= A1+A2+A3. En
consecuencia, o máximo posible alcanzable coa realización das actividades
propostas (A1+A2+A3=6) implicarían un máximo avaliable de A=5.
P (50%): A cualificación obtida nos parciais (P) realizados ao longo do cuadrimestre
obtida como P=P1 (25%) +P2(25%), sendo P1 a nota da primeira proba deste tipo e
P2 a nota da segunda. A proba P2 realizarase o día da proba de avaliación
global da materia.
Na convocatoria ordinaria, a data na que se realice a proba P1 é a data
límite para renunciar á avaliación continua. O alumnado que se presente ao
parcial P1 está a asumir que vai ser avaliado a través de Avaliación Continua
renunciando, en consecuencia, á avaliación global.
Na convocatoria extraordinaria, o alumnado poderá solicitar o sistema de
avaliación non continua na data do exame.
N (100%): A cualificación da Avaliación Continua (N) calcúlase como N (100%) = P
(50%) + A (50%). A nota obtida no primeiro parcial (P1) requirirá un mínimo (4,5 sobre 10
puntos) para liberar materia e a media dos parciais tamén debe ser dun mínimo de
4,5 sobre 10 puntos para poder sumar a nota obtida nas actividades (A). En caso
de non liberar materia, coa primeira proba (P1 menos de 4,5 sobre 10
puntos) será necesario a avaliación de toda a materia (P1 e P2) o día
da proba de avaliación global para obter a nota P asignada ás probas. Na medida
en que a nota P supere os 4,5 puntos sobre 10 poderase engadir a nota obtida
nas actividades (A) para o cálculo da nota final (N= P+A).
2. AVALIACIÓN GLOBAL (AG)*: A nota obtida na proba de
avaliación global será o 100% da cualificación, sendo necesario unha nota mínima de 5 sobre 10 para aprobar a materia.
Na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria de xullo) e na convocatoria de FIN DE CARREIRA o alumnado será avaliado mediante AG a través dunha proba de toda a materia con ponderación do 100% da nota, sendo necesario unha nota mínima de 5 sobre 10 para aprobar a materia. Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como non presentados. Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa ) As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024/25. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.
* En caso de superar a asignatura, valorarase con 0.25 puntos a
realización do curso virtual organizado pola Biblioteca central: Coñece
a Biblioteca e aprende a buscar, avaliar e utilizar a información,
dirixido ao alumnado de 1º grao e que ten como obxectivo que o estudante
adquira os coñecementos básicos para buscar, analizar, seleccionar e organizar
a información de maneira eficiente, así como utilizar e comunicar a información
eficazmente de forma ética e legal. |