Educational guide 2023_24
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
 Materias
  Pesquería e Explotación de derivados da Pesca
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral As clases maxistrais impartiranse en sesións duns 50 min de duración mediante videoconferencia e o uso de presentacións Power Point. Tentarase fomentar a participación activa dos alumnos a través da formulación de cuestións ou situacións relacionadas cos contidos da materia
Estudo de casos Os alumnos, a través do traballo individual ou grupal, deberán resolver unha serie de casos que tentarán simular situacións similares ás que se poden dar no mundo laboral relacionado coa presenza e control de formas parasitarias nos produtos da pesca. Para a súa resolución os alumnos deberán integrar todo o aprendido previamente durante as leccións maxistrais e, en ocasións, poderán necesitar buscar información adicional. Os casos resoltos serán expostos e/o discutidos durante as sesións presenciais destinadas á avaliación desta actividade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000