Guia docente 2020_21
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Linguas e Literaturas. Linguas e Literaturas Oficiais: Castelán e Galego
 Materias
  Didáctica da Lingua e Literatura Castelá na Educación Secundaria
   Plan de Continxencias
 
Descrición
MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial.

MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS

NA MODALIDADE MIXTA:
Na modalidade mixta, na que unha parte do estudantado permanecerá na clase, seguindo o resto as clases dun modo preferentemente síncrono ou asíncrono, dependendo da ferramenta que mellor se adapte a cada unha, as metodoloxías, a atención personalizada e a avaliación serán as mesmas que as da modalidade presencial, adaptando os grupos e quendas para cumprir coa normativa sanitaria

NA MODALIDADE NON PRESENCIAL:
Metodoloxías docentes que se manteñen: todas, pero implementadas de modo telemático.
Metodoloxías docentes que se modifican: ningunha
Mecanismo non presencial de atención ao alumnado: a través do campus remoto (titorías).
Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir: non
Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe: ningunha específica
Outras modificacións: ningunha

ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN:
As probas de avaliación e o seu peso serán os mesmos, únicamente cambiará o modo de realizar as probas, que non será presencial senon a través de medios telematicos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000